Un impulso dende a fin do mundo
Xa iredes vendo que tamén gardamos un oco para a música neste blogue. E para inaugurar as emisións de Radio Xavedes! ;), sirva este tema no que Os Diplomáticos de Montealto renden tributo a Alexandre de Fisterra, inventor do futbolín.
Oda ó futbolín
Os Diplomáticos
Inventa o futbolín, inventa a tralla brava
Alexandre de Fisterra, moito traballaAno trinta e sete, Guerra Civil,
Alexandre de Fisterra inventa o futbolín,
Inventa o futbolín, inventa a tralla brava
Alexandre de Fisterra moito traballaUn impulso dende a fin do Mundo
Paixón de tasca contra a repugnancia
Vén con Alexandre, un bravo, un cachalote
Trouxo de Fisterra a paixón do deporteA velas vir, a velas vir
A velas velas vir
Unha partida brava de futbolín!Ei, ti, “hiper-brozas” metido na tasca
Vendo como avanza a graxa da fritanga
Sinte o noso toque, zoupa e resolve
Chega de Fisterra a paixón do deporteChámanlle “ferriños” no país do Deza
Chámanlle “ferriños” pola parte de Lalín
“Metegol” na Arxentina, “matraquinho” en Portugal,
Cambio e furonazo, máquina total!!!A velas vir, a velas vir
A velas velas vir
Unha partida brava de futbolín!Haiche moito tolo no teu vídeo-xogo
Haiche moito tolo no teu vídeo-xogo
Hai moito retolo no teu vídeo-xogo
Moito espedeólogo no vídeo-xogoRevolución, revolución
Revolución
Estamos preparados para a revolución!!!Revolta, revolta, volta e revolta,
Nós vivimos na revolta…A velas vir, a velas vir
A velas velas vir
Unha partida brava de futbolín!
Esta canción formaba parte, a mediados da década dos 90, da banda sonora do programa infantil da TVG Xabarín Club. Así que… que mellor punto de partida! A medio camiño entre o tempo dos rapaces e os recordos xuvenís de algún de nós (algún adulto por aí ao que lle viñera á cabeza a hora da merenda?).
04/02/2011 | Categorías: Música | Tags: alexandre de fisterra, futbolín, oda ó futbolín, os diplomáticos de montealto, tvg, xabarín club | Deixar un comentario
Comentarios recentes