Dezaseisavos de final: Narf e Manecas Costa ou Eladio y Los Seres Queridos?
Se de algo vai sobrada a nosa 2ª eliminatoria é de beleza.
Por unha banda temos a Fran Pérez, Narf, (canto o bota de menos a nosa música!), acompañado do cantante e compositor de Guinea-Bissau Manecas Costa con Esta noite, un dos cortes de Aló irmao!, o disco que publicaron conxuntamente no ano 2010 e que gravaran ao vivo no Teatro Principal de Santiago uns meses antes.
Esta noite
Narf e Manecas Costa
Aló irmao! (2010)
Por outra está Non quero perderte, a adaptación ao galego que Eladio y Los Seres Queridos fixeron para o seu segundo álbum, Están ustedes unidos, dun tema que xa incluíran no seu disco de debut (aínda baixo o nome de Elodio y Los Seres Queridos). A peza, fermosa de por si, cobra toda unha nova dimensión nesta versión na nosa língua.
Non quero perderte
Eladio y Los Seres Queridos
Están ustedes unidos (2011)
❤️
Non queremos perdervos
Eladio y los seres queridos é un grupo vigués, liderado por Eladio Santos, que compón principalmente en castelán. Entón por que os traemos ata aquí? Porque o seu último disco, Están ustedes unidos, que veñen de presentar no Primavera Sound barcelonés, garda unha pequena xoia na nosa lingua: a adaptación ao galego do seu tema No quiero perderte, presente no seu anterior traballo.
Preguntado o mes pasado nunha entrevista en El Correo Gallego por se se trataba da súa particular homenaxe ao galego, Eladio Santos respondía:
É un pequeno xesto, pero en realidade era unha canción que xa tiña ese ritmo de pandeirada. Foi para un programa de televisión que quería que fixeramos algo diferente e cando llela enviamos aos produtores, daban por feito que a orixinal era en galego, e aínda souberon hai quince días de que era en castelán. Encántalles que sexa en galego, e aínda que algún amigo de aquí me dixo que lle gustaba máis en castelán, curiosamente, fóra isto non me pasa.
Deixámovola a continuación, nun vídeo realizado durante o seu paso polo recente Festival de Cans.
Non quero perderte
Eladio y los seres queridos
Fesival de Cans (2011)
Sei que hai un tolo moi dentro de min
Toléame sempre
O levo a rastras os días, as noites
E nunca obedeceSei que hai un tolo moi dentro de min
É unha ameaza
Se o deixo solto ouvéalle aos coches
Non volta para a casaMellor será deixalo que quede
Non quero perdelo
Non quero perderteSei que hai un tolo moi dentro de min
Que canta cancións
E xa non sei se son eu ou foi el
Quen toma esta decisiónNunca me deixa e só tira de min
Se quero durmir
No meu corpo pechado
Non ten medo a sufrirMellor será deixalo que quede
Non quero perdelo
Non quero perderteMellor será deixalo que quede
Podedes escoitala na versión do álbum aquí en Spotify e aquí en Grooveshark.
Comentarios recentes