Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “espiral maior

Os premiados da AELG

Seguimos indo de premios. Hoxe trátase dos Premios AELG 2012, que se veñen de fallar na Cea das Letras da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Xa vos informamos no seu momento dos candidatos. Agora traémosvos os premiados nas distintas categorías:

– NarrativaLaura no desertoAntón Riveiro CoelloGalaxia

EnsaioVivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme KruckenbergMercedes Queixas ZasGalaxia

Poesía: Leopardo sonPilar PallarésEspiral Maior

TeatroChegamos despois a unha terra grisRaúl DansXerais

Literatura Infanto-XuvenilFantasmas de luzAgustín Fernández PazXerais

– TraduciónSonetos de ShakespeareRamón Gutiérrez IzquierdoXerais

Mellor Blog LiterarioAs crebasMiro Villar

– Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2011Bieito Iglesias


Premios AELG 2012

E se onte atendíamos ás recomendacións dos editores… como non imos atender ás dos escritores! Hai uns días coñecéronse os finalistas aos premios que anualmente concede a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, os Premios AELG 2012, que chegan xa á súa décimo terceira edición.

Así, para cada unha das 8 categorías a concurso, e como resultado dos votos dos 417 socios da AELG, saíron finalistas…

… no apartado de Narrativa:

… no apartado de Ensaio:

… no apartado de Poesía:

… no apartado de Teatro:

… no de apartado de Literatura Infanto-Xuvenil:

… no apartado de Tradución:

… ao Mellor Blog Literario:

… á Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2011:

Para informarvos dos gañadores teremos que esperar ao 5 de maio, cando teña lugar a Cea das Letras, na que tamén se entregarán outros dous premios: o premio para a Institución que se caracterizase pola súa contribución á divulgación da literatura galega, que este ano será para os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino ( :) ) e os Servizos de Normalización dos concellos; e mais o Premio AELG 2012 “Escritor Galego Universal”, que este ano lle foi outorgado ao escritor e economista José Luis Sampedro.