Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “escola de teatro de narón

Contos de Castelao

O vindeiro mércores 2 de maio, ás 20:30 horas, temos unha cita no Auditorio do Concello de Narón co alumnado 4º curso da Escola Municipal de Formación de Actrices e Actores.

O motivo: a presentación de Contos de Castelao, unha selección de relatos do autor rianxeiro. Dirixida por Flor Maceiras e coas voces de Suso Barro, Paula Morado, Patricia Doce, Cristina Moreira, Iván González e Iria Ameneiros.

A entrada é libre, así que non tedes excusa.