Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “eduardo pondal

Todas as letras do Día das Letras Galegas

Rematando o mes de maio, todavía quedan por comentar algunhas novas ao redor do Día das Letras Galegas deste 2012, que como xa saberedes, supón a quincuaxésima edición desta festa da cultura galega. Pois ben, xa está dispoñible na páxina web da Real Academia Galega para a súa descarga gratuíta en formato .pdf o libro Todas as letras do Día das Letras, no que cincuenta académicos achegan (en menos de vinte liñas) a súa visión sobre cadanseu homenaxeado nestes cincuenta anos.

Castelao visto por Xosé Neira Vilas, Eduardo Pondal por Xosé Luís Méndez Ferrín, Álvaro Cunqueiro por Manuel Rivas

Así que se queredes coñecer máis sobre a historia das nosas letras, só tedes que pinchar aquí e descargalo.


MC Pondal

Despedimos a semana con música. El Puto Coke é un dos principais referentes do panorama do Hip Hop galego. E aínda que principalmente rima en castelán, de vez en cando sorpréndenos con algunha incursión no galego, coma no último corte do seu novo disco, Coke Céspedes. Como podedes comprobar, non se trata dun tema calquera, senón de toda unha versión rap do noso himno.

Hino de Galiza
El Puto Coke
Coke Céspedes (2012)

Nunca Os Pinos de Pondal se queixaron con tanto flow.


O Carrabouxo*

*Para aqueles que non o coñezades, O Carrabouxo é un habitual das páxinas do diario ourensán La Región. Saído do maxín do humorista gráfico Xosé Lois, a temática da lingua galega protagoniza con frecuencia as súas viñetas, polo que é de esperar que lle faga algunha que outra visita ao noso blogue no futuro.