Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “edgar allan poe

Que están lendo… no 1º ciclo da ESO?

O escaravello de ouro e outros contos
Edgar Allan Poe
(2007)

Con sete dos contos máis coñecidos do escritor norteamericano, O escaravello de ouro penetra neses terreos do misterio e das tebras onde Edgar Allan Poe soubo crear maxistralmente unha atmósfera enrarecida e un espírito dominado pola angustia e o terror que tanto caracterizan a súa prosa. Poe, loubado por escritores como Baudelaire, foi un amante da beleza e da perfección, e fixo da súa vida un reflexo da súa obra.


Cita! | Edgar Allan Poe

[Hoxe é o Día Mundial da Poesía]

Eu definiría, en poucas palabras, a Poesía como A Creación Rítmica da Beleza

I would define, in brief, the Poetry of words as The Rhythmical Creation of Beauty.

Edgar Allan Poe