Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “dicionario moderno inglés-galego

In English, please!

O noso idioma segue a romper barreiras. Vimos de coñecer unha interesantísima novidade no eido editorial: a publicación do primeiro gran dicionario bilingüe inglés-galego.

Publicado por 2.0 editora, o Diccionario moderno Inglés-Galego recolle nas súas máis de 20.000 entradas o vocabulario inglés de uso frecuente e as súas correspondencias para a nosa lingua.

A autoría corresponde a un equipo de especialistas en lexicografía da Universidade de Vigo, o equipo CLUVI, responsable á súa vez do Dicionario CLUVI Inglés-Galego, un recurso que está, dende hai tempo xa, dispoñible en liña para todos vós na dirección sli.uvigo.es/dicionario. Pinchade aquí ou na imaxe inferior e premede en Consultar dicionario, tecleade unha palabra en inglés ou en galego e farédesvos unha idea do que vos espera.

Very useful, don’t you think? – Moi útil, non credes? ;)