V Concurso de marcapáxinas
Compartimos con vós os traballos gañadores do V Concurso de marcapáxinas organizado polo noso Equipo de Biblioteca con motivo do Día do Libro 2023.






Día do libro 2020 | #Euquedocogalego
Feliz Día do libro!
A situación na que nos atopamos fixo complicado este ano convocar un novo Concurso de marcapáxinas no que todo o mundo puidese participar.
Pero o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e da Lectura quérevos agasallar igualmente cun marcapáxinas que reflicta o principal obxectivo da nosa tarefa: a normalización do noso idioma, é dicir, que o uso do galego volva ser habitual e espontáneo no noso centro e en todos aqueles espazos, públicos e privados, onde nos atopemos.
Por iso, para decorar o marcapáxinas deste ano, escollemos un dos lemas a prol do galego que hai algún tempo elaborou o alumnado de Secundaria. A súa autora foi Ciara Gayoso Das de 2º B, e dende o EDLGeL querémoslle transmitir os nosos parabéns.
Premede aquí ou sobre as imaxes para descargar a plantilla que vos permitirá imprimir 4 marcapáxinas (hai que aproveitar a cartolina 😊) en formato pdf. Collede a tesoira e xa tedes o voso marcapáxinas feito na casa para quedar na casa… cun bo libro entre as mans.
E aínda que non podades imprimilo (ao mellor andamos escasos de cartolina ou de tóner estes días 😅), animámosvos igualmente a compartir nas redes sociais as imaxes dos libros cos que estades a quedar na casa estes días coa etiqueta #Euquedocunlibro.
Comentarios recentes