Premios AELG 2012
E se onte atendíamos ás recomendacións dos editores… como non imos atender ás dos escritores! Hai uns días coñecéronse os finalistas aos premios que anualmente concede a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, os Premios AELG 2012, que chegan xa á súa décimo terceira edición.
Así, para cada unha das 8 categorías a concurso, e como resultado dos votos dos 417 socios da AELG, saíron finalistas…
… no apartado de Narrativa:
- Extramunde, Xavier Queipo, Xerais
- Laura no deserto, Antón Riveiro Coello, Galaxia
- Non hai noite tan longa, Agustín F. Paz, Xerais
… no apartado de Ensaio:
- Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, Carlos Callón, Xerais
- Rosalía de Castro. Estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe), Francisco Rodríguez, Asociación Socio-Pedagóxica Galega
- Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg, Mercedes Queixas Zas, Galaxia
… no apartado de Poesía:
- balea2, Estevo Creus, Positivas
- Leopardo son, Pilar Pallarés, Espiral Maior
- Todas as mulleres que fun, Andrea Nunes Brións, Corsárias
… no apartado de Teatro:
- A función do tequila, Manuel Guede, Deputación da Coruña
- Chegamos despois a unha terra gris, Raúl Dans, Xerais
- Fábula galénica, Inácio Vilariño, Baía
… no de apartado de Literatura Infanto-Xuvenil:
- Fantasmas de luz, Agustín Fernández Paz, Xerais
- Noutra dimensión, Marica Campo, Galaxia
- O meu gato é un poeta, Fran Alonso, Xerais
… no apartado de Tradución:
- Os trobadores de Occitania, Darío Xohán Cabana, Edicións da Curuxa
- Sonetos de Shakespeare, Ramón Gutiérrez Izquierdo, Xerais
- Versos escollidos (de Wisława Szymborska), Lucía Caeiro, Positivas
… ao Mellor Blog Literario:
… á Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2011:
Para informarvos dos gañadores teremos que esperar ao 5 de maio, cando teña lugar a Cea das Letras, na que tamén se entregarán outros dous premios: o premio para a Institución que se caracterizase pola súa contribución á divulgación da literatura galega, que este ano será para os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino ( :) ) e os Servizos de Normalización dos concellos; e mais o Premio AELG 2012 “Escritor Galego Universal”, que este ano lle foi outorgado ao escritor e economista José Luis Sampedro.
Os Reis Magos falan galego
Xa está aquí o Nadal! E se aínda non botástedes ao correo a carta aos Reis Magos, preparádevos, porque hoxe ímosvos dar unhas cantas ideas. O ano pasado, a CTNL (Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua) e a Deputación da Coruña editaron Agasallo, unha guía con propostas de regalos en galego ideal para estas festas. Libros, discos, aparellos electrónicos, pequenos detalles, roupa, filmes, xogos… todos eles con algo en común: o feito de teren á nosa lingua como protagonista. E aínda que, por desgraza, este ano non puideron repetir a experiencia, a verdade é que a práctica totalidade das propostas teñen a mesma validez para este 2011, así que que mellor que botarlle un ollo antes de selar o sobre. Podedes consultala pinchando aquí ou na imaxe inferior.
Elexide ben… e que non vos traian carbón!
Comentarios recentes