Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “coordinadora de endl

Por que o preguntas?

E falando de deseños… aínda non vos ensinaramos esta fantástica ilustración obra do debuxante Fran Bueno, que nos chegou hai un tempo a través da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Convertida en adhesivo, e acompañada do espazo para a reflexión que podedes atopar na ligazón anterior, sérvenos para tomar consciencia dun dos prexuízos co que máis a miúdo ten que lidiar a nosa lingua.

Ou é que fai falla preguntalo?

Advertisements

É ou non é para estar orgullos@s?

Hai un par de semanas falámosvos dos Premios Mestre Mateo 2010. O que non vos dixemos é se nos fixamos na relación de candidatos, podemos atopar varios que o son grazas a actuacións intimamente relacionadas coa promoción da nosa lingua.

Unha desas candidaturas aspira a ser recoñecida como a mellor obra publicitaria. Trátase da campaña Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego, da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que na súa vertente audiovisual está composta de dúas pezas: Orgullos@s do galego, que conta coa participación (ao 100%) de Martiño Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro

, e En galego, proba e verás, protagonizado por Isabel Risco.

Coñecéronse en Nova York. Ela é galega e el brasileiro e entendéronse perfectamente porque co galego se chega a todo o mundo.

É ou non é para estar orgullos@s?


Orellas ou freixós?

De que vos ides encher este entroido? ;) Nós ímonos de festa, pero antes deixámosvos unha interesante ligazón chea do traballo dun bo número de centros educativos de toda Galicia. Se entrades en coordinadoraendl.org/2011entroido atoparédesvos cun bo feixe de recursos (libros, presentacións, receitas…) cos que aprender máis sobre o carnaval en xeral e sobre o entroido na nosa terra en particular.

Veña, non vos entretemos máis. Pasádeo ben. Vémonos á volta das vacacións!