Concurso de cabazas Samaín 2022
Vai rematando o mes de outubro e chega… a festa do Samaín! Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio queremos seguir festexando esta fermosa tradición.
Este ano (por fin!) podemos recuperar a nosa habitual exposición de cabazas, así que nada nos gustaría más que, se vos é posible, participedes tallando, xunto cos vosos fillos e fillas de Educación Infantil e Primaria, as tradicionais caveiras desta festa. E como nos gusta que o voso traballo teña premio, convocaremos, como en anos anteriores, o noso Concurso de cabazas. Un xurado, composto polos membros do EDLG e o resto do profesorado, decidirá cal é a máis orixinal e creativa de todas. Podedes traelas a partir do martes 25 de outubro (dádevos présa se queredes que participen no concurso!). Seguro que nolo poñedes difícil para decidir a gañadora!

Concurso de cabazas Samaín 2021
Co remate do mes de outubro chega… a festa do Samaín!, e dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio queremos seguir festexando esta fermosa tradición.
Aínda non nos é posible celebrar nas mesmas condicións que en anos anteriores o noso Concurso de cabazas, pero igualmente nos gustaría propoñerlles ás familias de Educación Infantil e Primaria que animen e axuden aos seus fillos/as a tallar a tradicional caveira. A exposición dos traballos non se realizará de xeito físico, pero si de modo virtual a través deste blog.
Como participar?
- Tomade dúas fotografías da cabaza tallada: unha da caveira a concurso e outra na que saia o alumno/a ou a familia participante xunto con ela.
- Enviade un correo electrónico coas 2 fotos á dirección dinamizacion@lestonnacferrol.com. Incluíde o nome do alumno/a participante e o seu curso.
- A data límite para a recepción das vosas fotografías (lembrade que non se recibirán traballos no colexio!) será o martes 2 de novembro.
- O xurado, composto polos membros do EDLG, valorará os traballos presentados a fin de premiar a máis orixinal e creativa.
Concurso de cabazas Samaín 2020
Remata outubro, comeza novembro e chega a festa do Samaín. Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio queremos seguir festexando esta fermosa tradición.
A situación actual impídenos celebrar o noso tradicional concurso de cabazas nas mesmas condicións que en anos anteriores, pero igualmente vos propoñemos que talledes, xunto cos vosos/as fillos/as de Educación Infantil e Primaria, unha caveira nunha cabaza. Non realizaremos a exposición física dos vosos traballos, pero si o faremos de modo virtual, a través deste blog.
Como participar?
- Tomade dúas fotografías da cabaza tallada: unha da caveira a concurso e outra na que saia o alumno/a ou a familia participante xunto con ela.
- Enviade un correo electrónico coas 2 fotos á dirección edlglestonnac@gmail.com. Incluíde o nome do alumno/a participante e o seu curso.
- A data límite para a recepción das vosas fotografías (lembrade: non se recibirán traballos no colexio!) será o venres 30 de outubro.
- O xurado composto polos membros do EDLG valorará os traballos presentados a fin de premiar á máis orixinal e creativa.

Animádevos a participar!
Preeemiooos ilustraaadooos…
O venres tivemos festa no cole, así que se nos presentou a ocasión perfecta para anunciar os gañadores dos últimos certames organizados polo Equipo: o Concurso de cabazas do Samaín e o de Poemas Ilustrados.
Aquí tedes aos gañadores posando orgullosos (non é para menos) cos seus premios:
Comentarios recentes