Ano celsoemilioferreiro.org
Lembrade que, co gallo do centenario do seu nacemento, este 2012 foi proclamado Ano Celso Emilio Ferreiro.
Pois o pasado 17 de febreiro presentouse a programación deste Ano Celso Emilio Ferreiro (podédela consultar premendo na imaxe inferior), que inclúe unha exposición interactiva itinerante, espectáculos musicais…
ou a presentación da páxina web oficial do autor: celsoemilioferreiro.org, na que podedes atopar completa información sobre o poeta celanovés.
Feliz ano Ferreiro!
Celso Emilio ke te crew
Marchamos uns días. Vémonos despois do entroido. Ata o xoves deixámosvos con (de novo) Celso Emilio Ferreiro, esta vez interpretado polos Dios ke te crew. E é que neste Ano Celso Emilio non podiamos deixar pasar máis tempo sen presentarvos a fantástica lectura que do seu célebre poema Deitado frente ao mar… fixo este grupo de hip hop ordense.
Deitado frente ao mar
Dios Ke Te Crew
Celso Emilio Ferreiro. Fotobiografía Sonora (2008)
Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño…Celso Emilio Ferreiro: “Longa noite de pedra” (1962)
Porque si, porque nos gusta.
“Eu son un rei. Un labrego do tempo dos Sputniks.”
Como nos gusta despedir a semana con música! E se o que pinchamos é algo tan auténtico como o que vos traemos hoxe… Veredes.
A Revista Arraianos publicou o mes pasado un monográfico sobre a figura de Celso Emilio Ferreiro. Co exemplar, titulado Celso Emilio fai 100 anos,
entregábase un sinxelo no que O Vero, O Leo, e O García, os compoñentes do grupo Labregos do tempo dos Sputniks (xa vos decataredes de onde sacaron o nome)
interpretan un poema de Celso Emilio, O meu reinado, musicado de modo espectacular (dádelle ao play, dádelle…).
O meu reinado
Eu son o rei de min mesmo;
goberno o corazón
na libertá do vento e dos camiños.
Eu obedezo ás miñas propias leises
i os meus decretos sigo ao pé da letra.
Un cetro de solpores,
unha croa de nubes viaxeiras,
un manto avermellado
de soños i esperanzas
no limpo alborexar de cada día,
dame o poder lexítimo do pobo.
Represento aos calados,
interpreto aos que foron
voces da terra nai
nos antergos concellos da saudade.
Eu son un rei.
Un labrego do tempo dos sputniks.Celso Emilio Ferreiro: “Longa noite de pedra” (1962)
Que vos pareceu? É espectacular ou non? O tema está dispoñible para descarga aquí, e se queredes máis información sobre estre grupo compostelán, podedes atopala visitando o seu Facebook.
Cita! | Celso Emilio Ferreiro
“O día que Galicia perda a súa língoa deixa de ser Galicia pra ser outra cousa calquera”
Celso Emilio Ferreiro
Longa noite de pedra
No meio do caminho tinha uma pedra
tinha uma pedra no meio do caminho
tinha uma pedra
no meio do caminho tinha uma pedra.
Carlos Drummond de AndradeO teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.Celso Emilio Ferreiro: “Longa noite de pedra” (1962)
2012, Ano Celso Emilio Ferreiro
O vindeiro 6 de xaneiro, cumpriranse 100 anos do nacemento, na localidade ourensá de Celanova, do poeta Celso Emilio Ferreiro. Por tal motivo, o Parlamento de Galicia vén de solicitarlle á Xunta que declare o ano 2012 como ano de Celso Emilio Ferreiro. A petición, respaldada unanimemente polos tres grupos parlamentarios con representación na cámara galega, vai ser asumida en breve pola Xunta (segundo xa se anunciou dende San Caetano), que ten previsto elaborar un programa de actividades co cal encher de contido esta celebración.
Haberá que estar atentos.
Cita! | Celso Emilio Ferreiro
Miña nai deume os camiños
e o meu pai deixoume o mar
non tiñan máis que deixarme
nin eu penso máis deixar.Celso Emilio Ferreiro
Durante o verán (II): Celso Emilio Ferreiro volve a Caracas
Outras noticias que coñecemos durante o período vacacional estiveron dodatas dun carácter moito máis positivo.
Onte achegábamosvos un poema de Celso Emilio Ferreiro, hoxe seguimos falando do autor de Longa noite de pedra, posto que hai uns días soubemos que vai dar nome a unha rúa… en Caracas!
Unha decisión xustificada «No solo en atención a la trayectoria literaria del poeta Ferreiro Míguez, sino que al propio tiempo conocemos el compromiso social y político que acompañó a este insigne poeta a lo largo de toda su prolífera vida» e «el grato recuerdo que dejó en los caraqueños la permanencia en esta ciudad de este laureado poeta (ya fallecido) entre mediados de los años sesenta y principios de la siguiente década». E é que Celso Emilio viviu en Venezuela durante 7 anos, dende 1966 ata 1973.
Agora, o que ata agora era a Cuarta Transversal de Maripérez (rúa que podedes observar na imaxe inferior), levará o seu nome.
Unha merecida homenaxe de cara ao centenario do nacemento do poeta de Celanova, que celebraremos este vindeiro 2012.
Deitado frente ao mar…
Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño…Celso Emilio Ferreiro: “Longa noite de pedra” (1962)
Son de poetas: unha antoloxía da poesía galega diferente
Esta poesía de Álvaro Cunqueiro que vos trouxemos hoxe vainos dar pé para vos introducir un interesantísimo sitio web. A ver… porque a poesía sóavos, non? No niño novo do vento é un dos poemas máis coñecidos da nosa lingua, grazas sobre todo ás adaptacións musicais que dela se teñen feito.
Todo parte da adaptación que dela fixo Luís Emilio Batallán alá polo ano 1975 no seu disco Ahí ven o maio.
Logo virían a revisión de Amancio Prada (1987)
, a versión heavy! de Astarot (2000)
, a voz de Laura Alonso nas mans de Milladoiro (2008)
e a transformación pop a cargo de Xoel López.
E de onde sacamos toda esta información? Pois de son de poetas (sondepoetas.blogspot.com), unha páxina froito do traballo do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES David Buján de Cambre que recolle unha completa (completísima) antoloxía da poesía galega musicada.
Na imaxe superior (pinchade nela para ampliala) tedes unha explicación do funcionamento do sitio, no que como podedes comprobar se recollen, clasificados por épocas, unha gran variedade de poemas escritos no noso idioma. Todos teñen algo en común: que foron musicados nalgunha ocasión. En son de poetas poderemos desfrutar da lectura das poesías de Ricardo Carvalho Calero, Rosalía de Castro ou Celso Emilio Ferreiro, pero tamén da escoita das interpretacións que grupos como Fanny + Alexander, Luar na Lubre ou Quempallou fan dos seus textos.
Antolóxico! ;)
Comentarios recentes