Todas as letras do Día das Letras Galegas
Rematando o mes de maio, todavía quedan por comentar algunhas novas ao redor do Día das Letras Galegas deste 2012, que como xa saberedes, supón a quincuaxésima edición desta festa da cultura galega. Pois ben, xa está dispoñible na páxina web da Real Academia Galega para a súa descarga gratuíta en formato .pdf o libro Todas as letras do Día das Letras, no que cincuenta académicos achegan (en menos de vinte liñas) a súa visión sobre cadanseu homenaxeado nestes cincuenta anos.
Castelao visto por Xosé Neira Vilas, Eduardo Pondal por Xosé Luís Méndez Ferrín, Álvaro Cunqueiro por Manuel Rivas…
Así que se queredes coñecer máis sobre a historia das nosas letras, só tedes que pinchar aquí e descargalo.
Cita! | Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
“Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inagotable de obras de arte.”
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: Sempre en Galiza (1944)
Museo Castelao
O pasado domingo cumpríronse 125 anos do nacemento de Castelao. Hoxe presentámosvos un museo no que poderedes levar a cabo un completo percorrido pola súa obra. Trátase dun museo, si, pero virtual. No Museo Castelao (museocastelao.org) podemos atopar documentos sonoros, unha completa biografía, un apartado adicado á súa obra gráfica, unha escolma dos seus textos literarios…
E a entrada é gratuíta! ;)
Comentarios recentes