Outros galardóns que se veñen de entregar recentemente (a semana pasada) son os XVI Premios de Teatro María Casares.

E cal foi a gran triunfadora? Pois este foi o ano do Grupo Chévere, posto que a súa obra Citizen Total logrou facerse con 5 dos 8 galardóns aos que optaba, entre eles o de mellor dirección para Xesús Ron e o de mellor espectáculo. As outras favoritas, A Ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego, e Oeste Solitario, de Produccións Teatrais Excéntricas, tivéronse que conformar con dous e tres premios respectivamente.
A relación completa dos gañadores é a seguinte:
– Mellor maquillaxe: Trini Fernández Silva (A Ópera dos tres reás)
– Mellor vestiario: Carlos Alonso (A Ópera dos tres reás)
– Mellor escenografía: Paco Conesa (Piratas, de Teatro do Noroeste)
– Mellor iluminación: Octavio Mas (Oeste Solitario)
– Mellor música orixinal: Xacobe Martínez Antelo (Citizen Total)
– Mellor adaptación – tradución: Avelino González (Oeste Solitario)
– Mellor texto orixinal en galego: Avelino González, Artur Trillo, María Ordóñez e Sechu Sende (Pelos na lingua, de Talía Teatro)
– Mellor actriz secundaria: Mónica García (Citizen Total)

– Mellor actor secundario: Vicente de Souza (Tango, de Sarabela Teatro)
– Mellor actriz protagonista: Patricia de Lorenzo (Citizen Total)
– Mellor actor protagonista: Evaristo Calvo (Oeste Solitario)

– Mellor dirección: Xesús Ron (Citizen Total)

– Mellor espectáculo: Citizen Total
09/05/2012 | Categorías: Actualidade, Teatro | Tags: a ópera dos tres reás, artur trillo, avelino gonzález, carlos alonso, centro dramático galego, chévere, citizen total, evaristo calvo, maría ordoñez, oeste solitario, paco conesa, patricia de lorenzo, pelos na lingua, piratas, premios maría casares, produccións teatrais excéntricas, sarabela teatro, séchu sende, talía teatro, teatro do noroeste, trini fernández silva, vicente de souza, xacobe martínez antelo, xesús ron, XVI premios maría casares | Deixar un comentario
Tiña pensado ter escrito antes sobre a gala de entrega dos Premios María Casares 2011, pero fóronse coando outros temas e…
Os Premios María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia, levan premiando dende 1997 aos profesionais do teatro galego nunha gala que soe celebrarse ao redor dunha data especialmente relevante: a do Día Mundial do Teatro (que por certo foi este pasado domingo).

Así, o pasado mércores 23 celebrouse no Teatro Rosalía de Castro da cidade da Coruña (cidade natal de María Casares, a célebre actriz galega que da nome aos premios) a gala correspondente á decimoquinta edición dos galardóns.
A presentación correu a cargo de Gonçalo Guerreiro e Pedro Brandariz, nos seus papeis do Doutor Crisè e o seu axudante Casemorro, acompañados dun monstruoso (nunca mellor dito) elenco de artistas.
.jpg)
A grande triunfadora foi Un cranio furado, de Produccións Teatrais Excéntricas (da que xa vos falamos no seu día) con catro premios: Mellor espectáculo, Mellor actor protagonista (Evaristo Calvo), Mellor actor secundario (Santi Romay) e Mellor escenografía.
.jpg)
Seguírona Life is a paripé, de Obras Públicas, e Trogloditas, de Taranxina Teatro, que marcharon con dous premios por cabeza. Super8, Volpone, Limpeza de sangue, Memorias das memorias dun neno labrego e O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca obtiveron igualmente cadanseu galardón.
E se por un casual vendo a relación das obras a concurso vos animades a acercarvos ao teatro máis cercano, aquí vos queda unha axenda (se se pode chamar así) coas datas nas que algunhas delas visitan a nosa comarca (se sabedes dalgunha máis, non dubidedes en chamarnos a atención).
- Life is a paripé (Obras Públicas): 3 de Abril no Auditorio Municipal de Cedeira e 9 de Abril no Pazo da Cultura de Narón
- Memoria de Helena e María (Teatro do Atlántico): 1 e 2 de Abril no Teatro Jofre de Ferrol
- Un cranio furado (Produccións Teatrais Excéntricas): 27 e 28 de Maio no Teatro Jofre de Ferrol
Seguir lendo >>
29/03/2011 | Categorías: Actualidade, Teatro | Tags: a nona, aaag, as actas escuras, auditorio municipal de cedeira, avelino gonzález, baltasar patiño, carlos alonso, carlos mosquera "mos", casemorro, cándido pazó, césar goldi, día mundial do teatro, dolores centeno, dorotea bárcena, doutor crisè, evaristo calvo, gonçalo guerreiro, hugo torres, iolanda muiños, josé díaz, josé luis prieto, la canalla, life is a paripé, limpeza de sangue, lucía regueiro, maría barcala, maría casares, marcelino de santiago "kukas", marcos viéitez, marta pazos, marta ríos, martina cambeiro, memoria de helena e maría, memorias das memorias dun neno labrego, narf, o incerto señor don hamlet principe de dinamarca, obras públicas, pazo da cultura de narón, pedro brandariz, piti sanz, premios maría casares, premios maría casares 2011, produccións teatrais excéntricas, quico cadaval, roberto salgueiro, roberto vidal bolaño, rodrigo roel, rubén ruibal, santi romay, super8, suso díaz, taranxina teatro, teatro do atlántico, teatro jofre, teatro rosalía de castro, trogloditas, un cranio furado, víctor mosqueira, volpone, xúlio lago, xosé m. olveira "pico" | Deixar un comentario
Comentarios recentes