Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “cabozo

10.000 xavístedes!

Onte, o noso contador alcanzou a cifra de 10.000 visitas.

Ao mellor sonvos poucas, pero a nós parécennos unha barbaridade! E é que cando empezamos a nosa andaina na rede o 17 de xaneiro do ano pasado, non pensabamos ter chegado a tantos sitios nin coñecido a tanta xente.

Querémosvos dar as grazas a todos os que algunha vez vos pasástedes por aquí, fose para coñecer as novas do noso colexio, para repasar a actualidade da nosa lingua, para escoitar un pouco de música, para…

E lembrarvos que podedes interacturar con nós nas redes sociais. Os de Xavedes! estamos en Facebook,

en Twitter,

en Latri.ca

e en Cabozo.


Xacabozamos!

Sabedes que hai unha rede social 100% feita en Galicia? Chámase Cabozo e vén de celebrar o seu 3º aniversario.

A finais de 2007 Antonio Mariño e Ánxel Folgueira creaban unha pequena rede social destinada a que un pequeno grupo de amigos separados fisicamente puidese manter o contacto. A partir de aí o proxecto foi evolucionando: adquirindo o nome de Cabozo en troques do orixinal Pantry, traducíndose ao galego e, finalmente, facéndose abríndose ao público en xeral en febreiro de 2009. Hoxe en día calquera pode entrar a formar parte da comunidade de Cabozo: o único que necesita é unha invitación (aquí podedes descubrir como conseguir unha).

Nós pedimos a nosa a semana pasada, e agora xa somos un dos 3775 cabozeiros rexistrados. Se queredes visitar o noso perfil neste… como o definiríamos…? como unha sorte de Facebook á galega cun moito de Twitter?, pois só tedes que entrar en cabozo.com/user/Xavedes ou pinchar na imaxe inferior.