Wigo!
Que concertazo! O venres pasado pasou por Vigo a que, posiblemente, sexa a mellor banda de rock do mundo (ou, cando menos, a mellor banda de rock do mundo en directo): os estadounidenses Wilco. Pouco máis de 1400 afortunados puidemos desfrutar, por segunda vez en Galicia (xa tocaran en Santiago alá por xullo do 2009), dun concerto impecable.
A banda liderada por Jeff Tweedy viña de presentar o seu novo disco, The Whole Love, e este foi o que aportou un maior número de temas (ata 6) a un repertorio que, como é lóxico, tamén visitou grandes fitos da súa carreira como I Am Trying to Break Your Heart, Hummingbird, Handshake drugs (grandiosa), Jesus, Etc. ou, antes duns frenéticos bises, a imprevista Missunderstood. A única pega: que a pesar do cambio de última hora na ubicación do concerto (pasou do inicialmente previsto Pavillón das Travesas ao Auditorio do Mar de Vigo) non se conseguiu un sonido perfecto, alomenos non en tódolos momentos, alomenos non en tódalas zonas do auditorio. Ao público, entregado, non pareceu importarlle.
Pero é que vendo en acción a Neils Cline á guitarra solista, todo se perdona. Para mostra, esta gravación do concerto do venres na que a banda de Chicago ataca Impossible Germany coa precisión que os caracteriza. Un tema máis que engadir á nosa colección de música traducida ao galego, esta interpretada en campo propio. Atención ao solo de guitarra!
Impossible Germany
Wilco
Auditorio do Mar de Vigo (04/11/2011)
Imposible Alemaña
Imposible Germany
Imposible Alemaña
Improbable XapónImpossible Germany Unlikely JapanOnde queira que vaias
Onde queira que chegues
Direi o que isto significa para min
Farei o que podaWherever you go Wherever you land I’ll say what this means to me I’ll do what I canImposible Alemaña
Improbable XapónImpossible Germany Unlikely JapanO problema fundamental
Que todos necesitamos encarar
Isto é importante
Pero sei que non estás escoitando
Oh, sei que non estás escoitandoThe fundamental problem We all need to face This is important But I know you’re not listening Oh I know you’re not listeningSe isto fose novo para min
Non o entenderíaIf this was still new to me I wouldn’t understandImposible Alemaña
Improbable XapónImpossible Germany Unlikely JapanPero para isto é o amor
Para estar fóra de lugar
Fermoso e só
Cara a caraBut this is what love is for To be out of place Gorgeous and alone Face to faceSen problemas máis importantes
Que non é necesario liquidar
Nada máis importante que saber
Que alguén está escoitando
Agora seiQue me vas escoitar
With no larger problems That need to be erased Nothing more important than to know Someone’s listening Now I know You’ll be listening
Póñome en pé!
07/11/2011 | Categorías: (v.o.s.g.) | Tags: auditorio do mar de vigo, handshake drugs, hummingbird, I am trying to break your heart, impossible germany, jeff tweedy, jesus etc., missunderstood, neils cline, pavillón das travesas, the whole love, wilco | Deixar un comentario
Comentarios recentes