Este xoves tamén hai teatro en Narón. O colectivo Carrachanacacha (Aturuxo de Melpómene) trae ao auditorio do concello unha peza escrita e dirixida por Leandro Lamas: Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte).

O elenco actoral compóñeno Quique Vázquez, Lorena Montero, Paula Morado e Silvia Casal. A cita, este xoves 20 de Setembro ás 20:30 horas.
18/09/2012 | Categorías: Axenda, Teatro | Tags: auditorio do concello de narón, carrachanacacha, cipriano de bequelar (historia de amor e morte), leandro, lorena montero, o aturuxo de melpómene, paula morado, quique vázquez, silvia casal | Deixar un comentario
O vindeiro mércores 2 de maio, ás 20:30 horas, temos unha cita no Auditorio do Concello de Narón co alumnado 4º curso da Escola Municipal de Formación de Actrices e Actores.

O motivo: a presentación de Contos de Castelao, unha selección de relatos do autor rianxeiro. Dirixida por Flor Maceiras e coas voces de Suso Barro, Paula Morado, Patricia Doce, Cristina Moreira, Iván González e Iria Ameneiros.
A entrada é libre, así que non tedes excusa.
30/04/2012 | Categorías: Axenda | Tags: auditorio do concello de narón, castelao, constos de castelao, crsitina moreira, escola de teatro de narón, flor maceiras, iria ameneiros, iván gonzález, patricia doce, paula morado, suso barro | Deixar un comentario
Tedes plan para este domingo? Dicímolo porque ese día (18 de setembro) a Asociación Teatral “O Aturuxo de Melpómene” estrea, no Auditorio do Concello de Narón, a obra Café.

Dende aquí animámosvos a ir a vela.

Mirade que temos a unha ex-alumna do Lestonnac entre o elenco de actores! (como tiramos para casa, eh? ;) )
12/09/2011 | Categorías: Teatro | Tags: auditorio do concello de narón, café, o aturuxo de melpómene | 2 Comentarios
Comentarios recentes