Ou mac-iñeira
Sen dúbida algunha, a noticia que hoxe acapara tódolos titulares é a do falecemento do fundador de Apple Steve Jobs.
Xa teremos tempo de coñecer algo máis sobre a figura deste visionario da era dixital, pero mentres vos preparamos algo, e xa que esperabamos o momento no que falarvos dun blogue moi particular, aproveitamos a ocasión. Trátase de A Mac-eira.
O blogue pertence á rede de blogues en galego Vencello (da que me dou conta de que non vos falamos todavía! , acumúlasenos o choio! ;) ). Nel, como xa deduciriades a estas alturas, ten cabida todo o relacionado co universo Apple: historia, productos, aplicacións… Todo, iso si, contado en galego.
Porque non me negaredes que, a pesar da escasa presenza do mesmo nos produtos da compañía, algo que haberá que mellorar, Apple e o galego cadran moi ben: non en tódolos idiomas se pode facer un xogo de palabras tan chulo como o do título do blogue. O Macintosh e a mazá unidos. :)
Amiguiños si, pero o iPhoniño polo que vale
Xa tiñamos en mente falarvos de Refraneiro Galego, unha aplicación para o sistema operativo de Apple que dende a semana pasada se pode adquirir na Apple Store a un prezo de 0,79 €, pero como onte nos atopamos con que esta aplicación alcanzaba o segundo posto no Top 25 da tenda de Apple na súa categoría (Referencia), pois xa non podiamos adialo máis.
E en que consiste Refraneiro Galego? Pois trátase dunha completa colección de refráns e ditos populares da lingua galega.
Dispoñible (polo momento) para o iPhone, o iPad e o iPod, esta aplicación permítenos consultar, sen necesidade de estarmos conectados á internet, a súa base de datos, que contén cerca de 10.000! refráns.
Ademais, podemos realizar buscas por palabras, visualizar refráns ao chou ou pedirlle que nos descubra un novo cada día.
Que vos parece? Eu sei dun que non vai tardar moito en descargala! (e se non, sempre podedes visitar o seu sitio web, refraneirogalego.com, e desfrutar dunha versión reducida da mesma)
Comentarios recentes