Dende Redondela a Caranza
Que bonito nos quedou o colexio decorado cos carteis sobre a vida de Lois Pereiro deseñados polo CEIP de Laredo de Chapela (Redondela)!
Unha escolma da súa poesía en palabras.
As armas da paixón, Pereiro por Pereiro, unha cartografía e cinco poemas
Xa chegou maio! Quedan 14 días para o Día das Letras Galegas, así que vai sendo hora de ir coñecendo máis en profundidade ao homenaxeado deste ano, o poeta Lois Pereiro. Empezamos por As armas da paixón, un marabilloso traballo documental (do que soubemos a través do blogue Caderno de Lingua) realizado polo CPI dos Dices (Rois) e o CPI da Baña (o guión é de Sara Paz e Luís Aldegunde é o editor do mesmo). 15 minutos para saber máis sobre a vida e a obra do poeta monfortino.
Conxuntamente con este traballo, podemos desfrutar doutros tres audiovisuais: Pereiro por Pereiro
, no que é o seu irmán Xosé Manuel Pereiro o que nos fala del, Unha cartografía de Lois Pereiro
, no que o profesor Arturo Casas analiza a súa obra, e Cinco poemas de Lois Pereiro
, unha lectura de poemas a cargo do propio Arturo Casas, Antón Losada, Antón Lopo, Paco Macías e Antón Patiño.
Grazas, compañeiros!
Comentarios recentes