Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “andrés do barro

Para número 1… Andrés do Barro

E xa que temos un número 1 en vendas en catalán… para cando un en galego? Pois para hai corenta anos!

Andrés do Barro conseguía en 1969 (en plena ditadura!) colocar un disco en galego no máis alto da lista de vendas. Tratábase do seu sencillo O tren.

A historia deste pioneiro (alomenos no que á canción se refire) das letras galegas contarémovola outro día; hoxe quedades co tema que lle deu o número 1 nun vídeo pertencente á película La red de mi canción, que protagonizou xunto a Concha Velasco.

O tren
Andrés do Barro
O tren (1969)

O tren que me leva pola beira do Miño
Me leva e me leva polo meu camiño
O tren vai andando pasiño a pasiño
E vaime levando cara o meu destiño

Alguén pode ser que me espere na estación
Na terra da felicidad
E todo o que sexa amor e paz
O atoparei, eu o terei
Coa miña moza no meu lar

O tren que me leva camiña e camiña
Vai botando fume, corre pola vía
O rio vai feito un mar de ledicias
No tren pouco a pouco volto á miña Galicia

Pasei moito tempo sen lar, lonxe de eiqui
Foron mil noites cheas de soidá
Falando coa xente polas mañás
Escoitarei e saberei
O que pasou polo meu lar


SingStar…? Galeoke!

Que é o Galeoke? Pois o Galeoke é, como o seu propio nome indica, un xogo de karaoke. O obxectivo do xogo é acumular o maior número de puntos, puntos que obteremos se conseguimos cadrar a nosa voz co tono de voz da canción que esteamos a interpretar.  É dicir, trátase dun xogo na liña do coñecido Singstar™ para Playstation®, se ben o software utilizado neste proxecto está feito en Software Libre.

Pero o que de verdade chama a nosa atención sobre este proxecto é que tódalas cancións que inclúe non só pertencen a artistas galegos, senón que ademais están, todas, compostas en galego.

O primeiro volume do Galeoke saiu á venda o pasado 21 de decembro portando unha heteroxénea selección musical no seu interior. Aí vos van os 16 temas que o conforman:
  • Os Resentidos: “Galicia Caníbal”
  • Malvela: “O Pirimpimpín”
  • Narf e Manecas Costa: “Esta Noite”
  • Quant: “Pois eu” (Andrés do Barro)
  • Loretta Martin: “As cores do solpor”
  • Os Diplomáticos de Montealto: “Nordés” (con Mercedes Peón)

O Galeoke Vol. 1 vén, ademais, cun código que nos dará acceso á descarga dunha serie de temas extra. E tranquilos, porque se botades en falta algún tema, o Colectivo Galeoke promete unha segunda entrega e ata (se a cousa funciona) unha terceira. Cantamos?