Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “a pandeireta

Portas abertas ♪♫♬

Hoxe, no Colexio Lestonnac, celebramos a nosa tradicional Xornada de Portas Abertas, que nesta ocasión xirou en torno á música. Manualidades, karaokes, xogos con música, audicións, exposicións de instrumentos musicais… nun día de convivencia e festa organizado non só para as familias do noso alumnado, senón tamén para todas aquelas familias   interesadas en coñecer o noso centro.

Nós, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, aproveitamos a ocasión para entregar os premios do XI Certame de Cartas de Amor da Candeloria. Noraboa a tódolos premiados e grazas a todos por participar!