Ata sempre á Nosa Terra
Despedidas, despedidas e máis despedidas.
Esta tiñámola pendente dende o venres pasado, cando o xornal dixital, antes semanario, A Nosa Terra anunciaba que as súas publicacións remataban. Se ben o semanario deixara de publicarse en papel en setembro do ano pasado, a edición dixital mantíñase.
Desaparece outro medio de comunicación en galego. Desaparece, por cuarta vez, unha cabeceira con 104 anos (divididos en catro etapas) de historia.
Quédanos o consolo de que, se tres veces renaceu das súas cinzas, tal vez haxa unha cuarta nun futuro. Que sexa pronto!
Comentarios recentes