Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “a hard rain’s a-gonna fall

Bob Dylan non é galego (pero como se o fose)

Hoxe imos probar algo novo.

Un dos obxectivos que perseguimos con este blogue é o de levar a nosa lingua ata onde non soe chegar. Supoño que, igual ca min, moitas veces vos teredes atopado con que vos gusta unha determinada canción… pero non entendedes a súa letra porque (vaia!) está en inglés. Se non dominamos a lingua de Shakespeare, sempre poderemos recorrer á rede, onde é posible atopar traducións dos nosos temas favoritos ou, polo menos, ferramentas para (máis ou menos) ir descifrando o seu significado (ai, o traductor de Google…!). O problema é que na nosa búsqueda rara vez nos atopamos con solucións en galego. Para paliar esta escaseza nós imos facer a nosa pequena aportación en forma de traducións ao galego de cancións noutras linguas. Buscamos, así mesmo, dotarnos dunha canle para falar de música internacional… en galego (e, de paso, practicar idiomas :P). Esperamos, iso si, que nos saibades disculpar polos erros que poidamos cometer nas nosas traducións, pero… a intención é o que conta, non? ;)

Para inaugurar esta sección en versión orixinal subtitulada ao galego (v.o.s.g.), elexín (asumo toda a responsabilidade) ao máis célebre cantautor e poeta norteamericano: Bob Dylan. Acaboume de decidir unha noticia aparecida na prensa hai un par de semanas. No ano 1963 Bob Dylan publicaba o seu segundo disco, The Freewheelin’ Bob Dylan, o primeiro que contén unha maioría de composicións propias e co que, con himnos como Blowin’ in the Wind, Masters of War e A Hard Rain’s a-Gonna Fall, comeza a ser recoñecido como o gran autor que é. Na portada do álbum, unha das máis célebres da historia da música, aparece paseando polo Greenwich Village neoiorquino na compaña da que por aquel entón era a súa moza, Suze Rotolo.

Pois ben, hai uns días Suze Ruotolo falecía aos 67 anos de idade. Como recordo, vaia este Girl of the North Country (segundo corte do álbum)… en galego.

Grooveshark

Rapaza do norte

Girl of the North Country

Se viaxas ás terras do norte
Onde os ventos baten a fronteira
Quero que lle deas recordos a alguén que vive alí
Houbo un tempo no que [ela] foi o meu verdadeiro amor

Well, if you’re travelin’ in the north country fair
Where the winds hit heavy on the borderline
Remember me to one who lives there
She once was a true love of mine

Se vas no tempo das nevaradas
Cando os ríos se conxelan e o verán remata
Por favor, asegúrate de que teña un bo abrigo
Que a protexa dos ventos furacanados

Well, if you go when the snowflakes storm
When the rivers freeze and summer ends
Please see if she’s wearing a coat so warm
To keep her from the howlin’ winds

Por favor, comproba se os seus cabelos colgan longos
Se esvaran e flúen sobre o seu peito
Por favor, comproba se os seus cabelos colgan longos
Así é como a lembro

Please see for me if her hair hangs long,
If it rolls and flows all down her breast.
Please see for me if her hair hangs long,
That’s the way I remember her best.

Pregúntome se ela aínda me lembra
É algo polo que preguei a miúdo
Na oscuridade da miña noite
Na claridade do meu día

I’m a-wonderin’ if she remembers me at all
Many times I’ve often prayed
In the darkness of my night
In the brightness of my day

Así que se viaxas ás terras do norte
Onde os ventos baten a fronteira
Quero que lle deas recordos a alguén que vive alí
Houbo un tempo no que foi o meu verdadeiro amor

So if you’re travelin’ in the north country fair
Where the winds hit heavy on the borderline
Remember me to one who lives there
She once was a true love of mine

Bob Dylan: The Freewheelin’ Bob Dylan (1963)