Pode ser da NASA ou doutra galaxia
Máis música!
Unha daquelas do Xabarín: Víctor Coyote nunha historia digna de Iker Jiménez.
Pode ser…
Víctor Coyote
A cantar con Xabarín Vol. III e IV (1996)
Eu vou polo monte, miro alí arriba,
vexo a miña tía, vouna a chamar
Unha luz moi forte chega enriba dela,
parece que a leva polo aire a voar.
E na man a corda e á corda atada
a vaca “Rosada” arriba que vaiE soben ó ovni as dúas compañeiras,
a familia enteira vai chorar, ai, ai.
Pode ser que sexan “alienígenas”
e fora que fora as foran a levarPode ser que si, pode ser que non,
pode ser que sexa, pode ser ou non.
Pode ser da nasa ou doutra galaxia,
pode ser causa das gafas que eu non mire benNo lugar dos feitos, perto dunhas matas,
sinto unhas vibratas, elas van voltar.
Dalí a uns días, a tía na casa
falaba coa vaca de física nuclear
Pode ser que sexan “alienígenas”
e fora que fora as foran a levarPode ser que si, pode ser que non,
pode ser que sexa, pode ser ou non.
Pode ser da nasa ou doutra galaxia,
pode ser causa das gafas que eu non mire benCando se mirara aquilo!
unha tía e unha vaca
a muller fritía patacas
e o animal a falar:
xa dixeron eles
que todo está na mente,
fai o favor, concéntrate.
Moooi ben!Pode ser que si, pode ser que non,
pode ser que sexa, pode ser ou non.
Pode ser da nasa ou doutra galaxia,
pode ser causa das gafas que eu non mire benPode ser que si, pode ser que non,
pode ser que sexa, pode ser ou non.
Pode ser da nasa ou doutra galaxia,
pode ser causa das gafas que eu non oia ben
15/03/2012 | Categorías: Rebumbio | Tags: a cantar con xabarín vol. III e IV, pode ser, víctor coyote, xabarín club | Deixar un comentario
Comentarios recentes