Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

O último

Chegou o Meco!

Se queres o entroido gozar… ao Meco terás que escoitar!

O luns, o Meco berrou:

Por riba das calzas,

lucirás os calcetíns!!!

Mais o Entorilo,

que tiña frío,

levounos consigo!

Madia leva! Así calquera!

Candeloria 2022

Animádevos a participar!

Podedes consultar as bases premendo sobre a imaxe ou aquí.

IX Concurso de Relatos Ilustrados

Equipo de Dinamización da Lingua Galega convoca unha nova edición do Concurso de Poemas e Relatos Ilustradosque nesta ocasión quere dedicar á memoria de Xela Arias.

Premede sobre a imaxe para consultar as bases en formato PDF:

Os textos a ilustrar para cada categoría podédelos atopar na seguinte ligazón.

Concurso de cabazas Samaín 2021

Co remate do mes de outubro chega… a festa do Samaín!, e dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio queremos seguir festexando esta fermosa tradición.

Aínda non nos é posible celebrar nas mesmas condicións que en anos anteriores o noso Concurso de cabazas, pero igualmente nos gustaría propoñerlles ás familias de Educación Infantil e Primaria que animen e axuden aos seus fillos/as a tallar a tradicional caveira. A exposición dos traballos non se realizará de xeito físico, pero si de modo virtual a través deste blog.

Como participar?

  • Tomade dúas fotografías da cabaza tallada: unha da caveira a concurso e outra na que saia o alumno/a ou a familia participante xunto con ela.
  • Enviade un correo electrónico coas 2 fotos á dirección dinamizacion@lestonnacferrol.com. Incluíde o nome do alumno/a participante e o seu curso.
  • A data límite para a recepción das vosas fotografías (lembrade que non se recibirán traballos no colexio!) será o martes 2 de novembro.
  • O xurado, composto polos membros do EDLG, valorará os traballos presentados a fin de premiar a máis orixinal e creativa.

Certame Literario Letras Galegas 2021

As nosas letras necesitan de novos escritores. Animádevos a participar!

Podedes consultar as bases aquí.

Día de Rosalía 2021

Nun día coma hoxe, un 24 de febreiro do ano 1837, nacía a figura máis senlleira e universal da literatura galega de todos os tempos: Rosalía de Castro.  

Nós queremos conmemorar o Día de Rosalía lembrando o poema “¡Pra a Habana!” do seu libro Follas Novas. “¡Pra a Habana!” é un poema que se insire dentro do apartado “As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos” no que, a través de 31 poemas, Rosalía plasma a súa lírica máis solidaria.  

A autora céntrase no fenómeno da emigración e nas causas que o provocan (excesivos impostos, atraso económico, abusos dos poderosos, fames…). Vaino facer sobre todo desde a solidariedade, a admiración e a identificación coas mulleres campesiñas galegas do seu tempo, como grupo máis representativo do pobo, condenadas a vivir en soidade, valéndose por si mesmas, criando en solitario os fillos, con dobre xornada de traballo (no campo e máis na casa). 

Ademais, o EDLG quere aproveitar esta data tan especial, para anunciar os gañadores do XX Certame de Cartas de Amor Candeloria 2021:

Pena de non poder estar convosco para darlles un forte aplauso aos gañadores, pero esperamos que os vosos se escoiten ben alto dende as vosas aulas.   

Feliz día de Rosalía e moito SENTIDIÑO!!! 

E o venres?

Calcetíns por riba da roupa, camiseta de flores ou mandil a colores, algo ao pescozo, zapatos de diferente par, ben saia escocesa, ben tutú, ben bañador, ben bermuda e…

O venres, mira ti que ben!

ao Meco xa todo…

tanto lle ten!

Vistas o que vistas,

ti sempre vas ben!!

O Meco vaite animar e…

o Entorilo…

vaino axudar!!!

Que manda o Meco para o xoves?

Calcetíns por riba da roupa, camiseta de flores ou mandil a colores, algo ao pescozo, zapatos de diferente par e…

O xoves, por riba da roupa,

habemos poñer

ben saia escocesa,

ben tutú cal princesa,

ben bañador para a feira

ou ben… bermuda surfeira.

Ímonos mover

e lucir ben

a cadeira