Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Humor

#PobosGalegosFamosos

Se vos pasástedes onte á noite por Twitter, poderíades comprobar a festa que había montada a conta do hashtag  #PobosGalegosFamosos. Que de que ía a cousa? Pois de xogar cos topónimos galegos de xeito que, ao engadirlles unha grande dose de humor, convertilos en calquera outra cousa: personaxes famosos, grupos musicais, cidades do resto do mundo… Aínda podedes entrar e rebuscar entre os centos de tweets publicados (#PobosGalegosFamosos chegou a ser Trending Topic a nivel estatal), De seguro que botades unhas risas (e é que os hai moi bos). Nós deixámosvos cunha rápida selección, para que o comprobedes.

… e Verín Osborne, San Andreas de Teixido, Checoslaracha, Greta Arbo, Edgar Allan Poio, Redondelaware, Iker Caselas, Arcade Fire, Michael J. Foz, Sober y Ganar… XD


A Súa Maxestade Touriñán

A primeira vez, que eu sexa consciente, que vin a Xosé Antonio Touriñán (Culleredo, 1980) asomar polo meu televisor foi en 2006, cando a TVG estreou o programa Perdelo todo, e lembro que xa entón chamou a miña atención; as súas personaxes de Varela e O gaiteiro de Texas brillaban con luz propia naquel concurso presentado por Emilio Guillín.

Así que cando el e máis o seu compañeiro de instituto Marcos Pereiro alcanzaron o éxito no Luar como Mucha e Nucha, As cantareiras de Ardebullo, non me sorprendeu… estaba cantado!

Pero non se detivo aí: Padre Casares, o Premio Mestre Mateo 09 na categoría de Comunicador de Televisión polo programa Botarse ao monteLand Rober, con Roberto Vilar… Alí coñecemos a Ricardo, un home que “non se fija”.

E é precisamente o oco que deixou Land Rober na parrilla da TVG o que dende onte ocupa Tourilandia. Se estabamos desexando velo á fronte do seu propio programa… agora ten o seu propio país!

A de onte foi unha estrea por todo o alto (a entrevista a David Vidal causou furor nas redes sociais) dun programa que xa tei o se primeiro hit: a adaptación ao SERGAS do éxito de Michel Teló Ai se eu te pego.

Bailando este Ai si me opero desexámoslle sorte a Touriñán nesta nova andaina profesional. Nós seguirémolo, sen parar de rir, os xoves á noite na galega ou na páxina da CRTVG (http://www.crtvg.es/tvg/programas/tourilandia).


O Nadal do Carrabouxo


O Nadal de Xaquín Marín


Galegofalagora


Cita! | Gonzalo Navaza

Pilingüe: “Dise do individuo que fala 3,1416 linguas”

Gonzalo Navaza: Elucidiario (1999)


Por que o preguntas?

E falando de deseños… aínda non vos ensinaramos esta fantástica ilustración obra do debuxante Fran Bueno, que nos chegou hai un tempo a través da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Convertida en adhesivo, e acompañada do espazo para a reflexión que podedes atopar na ligazón anterior, sérvenos para tomar consciencia dun dos prexuízos co que máis a miúdo ten que lidiar a nosa lingua.

Ou é que fai falla preguntalo?


O fundador do cómic galego

Esa é unha das honras que recaen sobre Xaquín Marín (Ferrol, 1943), un dos debuxantes e ilustradores máis coñecidos e recoñecidos da nosa terra. E é que o álbum “2 viaxes”, que editou xunto con Raimundo Patiño en 1975, pasa por ser o primeiro publicado na nosa lingua.

Presentámovolo (aínda que moitos de vós o coñeceredes de sobra polos seus traballos en La Voz de Galicia, onde publica diariamente a viñeta O lecer de Isolino) porque hai motivos dabondo para que se convirta nun habitual destas páxinas, posto que a temática que aquí tratamos non lle é, para nada, allea. Para mostra…


“Os Coruños”

Quico Cadaval (Ribeira, 1960) é, ademais dun afamado director teatral, un dos máis fascinantes contadores de historias do noso país. Como mostra, deixamos un fragmento dunha das súas actuacións, na que nos da unha clase de coruño. Que non sabedes o que é? Pois dádelle ao play.


O Carrabouxo*

*Para aqueles que non o coñezades, O Carrabouxo é un habitual das páxinas do diario ourensán La Región. Saído do maxín do humorista gráfico Xosé Lois, a temática da lingua galega protagoniza con frecuencia as súas viñetas, polo que é de esperar que lle faga algunha que outra visita ao noso blogue no futuro.


Hoxe é a Candeloria!


Cousas da paz

O SAPO: Se fose home xa me parecía mal que ti dixeses cri, cri, dicindo eu cro, cro.