Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Ditos!

Dito! | Pola Candeloria…

Pola Candeloria casan os paxariños e maila galiñola.


Dito! | Por Santa Lucía…

Por Santa Lucía, mingua a noite e medra o día.


Dito! | A San Andrés de Teixido…

A San Andrés de Teixido vai de morto quen non foi de vivo.


Dito! | Nunca choveu…

Nunca choveu que non escampara.


Dito! | A todo porco…

A todo porco lle chega o seu San Martiño.


Dito! | Costa abaixo…

Costa abaixo tódolos santos axudan.


Dito! | O que non sabe…

O que non sabe é como o que non ve.


Dito! | A preguiza…

A preguiza morreu de sede á beira do río


Da fala que se perde

E xa que o outro día andabamos a voltas cos ditos, hoxe recuperamos un artigo publicado a finais de febreiro en La Voz de Galicia. Está extraído da sección Ferrol, Ferrol, onde eu nacín, que tódolos domingos nos trae o humorista gráfico Siro (podédela atopar na contraportada do caderniño local).

Leva por título Da fala que se perde, e nel cóntanos que:

Son moitas as palabras e expresións -algunhas típicamente ferrolás […] – que van desaparecendo da fala coloquial.

, para a continuación facer un pequeno percorrido por algunha delas. Pinchade aquí para acceder ao artigo completo.

E vos, seguides a empregar algunha delas?


Dito! | Cando chove…

Cando chove e fai sol anda o demo por Ferrol