Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Citas

Cita! | Xabier P. DoCampo

“Os contos conteñen a sabiduría toda do mundo.”

Xabier P. DoCampo


Cita! | Proverbio chinés

“Aprender unha lingua é ter unha ventá máis dende a que mirar o mundo”

"学一门语言,就是多一个观察世界的窗户。"

Proverbio chinés


Cita! | Antón Villar Ponte

“A nosa lingua é o camiño de ouro da nosa redención e do noso progreso: sen a lingua morreremos como pobo, e nada significaremos endexamais na cultura universal.”

Antón Villar Ponte


Cita! | Curros Enríquez

“Non por pequeno é desprezable un idioma”

Curros Enríquez


Cita! | Manuel Murguía

“As linguas son verdadeiras bandeiras nacionais: levan as súa propias cores”

Manuel Murguía


Cita! | Daniel Rodríguez Castelao

“Se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma”

Daniel Rodríguez Castelao


Cita! | Xaquín Lorenzo, Xocas

[De entre as diferentes citas coas que nos podemos atopar na cabeceira da redeseñada web da RAG, quedo con esta:]

“Non ensinar o galego, senón falar en galego: ese é o gran labor de toda a sociedade”

Xaquín Lorenzo, Xocas


Cita! | Edgar Allan Poe

[Hoxe é o Día Mundial da Poesía]

Eu definiría, en poucas palabras, a Poesía como A Creación Rítmica da Beleza

I would define, in brief, the Poetry of words as The Rhythmical Creation of Beauty.

Edgar Allan Poe


Cita! | Teresa de Calcuta (Día da paz)

“A paz comeza cun sorriso”

Teresa de Calcuta


Cita! | Celso Emilio Ferreiro

“O día que Galicia perda a súa língoa deixa de ser Galicia pra ser outra cousa calquera”

Celso Emilio Ferreiro


Cita! | Estatuto de Autonomía de Galicia

A lingua propia de Galicia é o galego.

Artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía de Galicia (1981)


Cita! | Gonzalo Navaza

Pilingüe: “Dise do individuo que fala 3,1416 linguas”

Gonzalo Navaza: Elucidiario (1999)


Cita! | Celso Emilio Ferreiro

Miña nai deume os camiños
e o meu pai deixoume o mar
non tiñan máis que deixarme
nin eu penso máis deixar.

Celso Emilio Ferreiro


Cita! | Federico Fellini

“Unha lingua distinta é unha visión distinta da vida.”

"Un linguaggio diverso è una diversa visione della vita."

Federico Fellini


Cita! | Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

“Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inagotable de obras de arte.”

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: Sempre en Galiza (1944)


Para pensar na paz

Aproveitando que hoxe celebramos no Colexio o Día da Paz, aquí vos deixo unhas bonitas frases (grandes verdades, abofé que sí) sobre o tema, acompañadas dunha doce música. Ambas invitan a pensar no marabilloso que sería vivir nun mundo no que celebrar a paz implicase non ter que pensar nas moitas outras desgracias, guerras e sufrimentos  que tanto nos fan botala en falta.