Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Banda deseñada

Finalistas do I Concurso de cómic en galego

Aquí tedes os dez traballos seleccionados finalistas do I Concurso de cómic en galego promovido entre o alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria por este Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Ídelles botando un vistazo, porque a partir do vindeiro luns 27 de abril teredes unha semana para votar polo voso favorito.

Número 1

—————

Número 2 (O mundo ao revés)

—————

Número 3 (AS FESTAS DAS PROCESIÓNS, AS MELLORES!!)

—————

Número 4 (O GRAN FESTÍN)

—————

Número 5

 —————

Número 6

 —————

Número 7 (O destino dos cans)

 —————

Número 8 (A búsqueda do can)

—————

Número 9

—————

Número 10 (Os cans non falan)

Grazas pola vosa participación!


Breve encontro: Lois comiqueiro

Agardando a que chegue xuño para poder desfrutar de Lois Pereiro. Breve encontro. Un achegamento comiqueiro á obra e vida do poeta na súa totalidade.

Polo momento, Xerais ofrécenos a posibilidade de adiantar a lectura dun dos capítulos desta novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano que se constitúe nunha das aproximacións máis orixinais de cantas levamos visto ao longo deste ano á figura do poeta monfortino.

“Sobrevoabas un día o meu espacio aéreo
rozándome coas plumas levemente
e desaparecías cun rumor minguante
como a visión dun soño
fracasado.”

Lois Pereiro, “(Breve encontro)”

Pinchade aquí ou nas imaxes inferiores para acceder ás 24 páxinas de adianto en formato pdf.