Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Videoxogos

A música que leva dentro o Galeoke Vol. 2

O ano pasado xa vos falamos do Galeoke, ese fantástico xogo de karaoke consistente en acumular o maior número de puntos posible mentres cantamos temas en galego de artistas da nosa terra. E hai un par de meses presentáramosvos a marabillosa ilustración que figura na portada do seu segundo volume, obra, coma a do primeiro, de Leandro. O que tiñamos pendente dende comezos de decembro, data na que se presentou ese segundo volume, era, ademais de avisarvos de que xa o podedes atopar nas tendas, traervos a listaxe de cancións que o compoñen, para que vos fagades unha idea aproximada da diversión que podedes atopar no seu interior.

21 temas do mellorciño da música na nosa lingua:

Radio Océano | Como o vento

Os Papaqueixos | O paraugas do José

Pilocha | O sancristán de Coimbra

Quempallou | En que terra me botaches

Heredeiros da Crus | Quero josar

Faltriqueira | Corpiño xeitoso

Blood Filloas | Superheroe

María Manuela | Manual do señorito (como non a atopei dispoñible na súa versión orixinal, aí vai interpretada por Xabier Díaz e Guillerme Fernández)

Nova Galega de Danza | Xota de Ribeira de Piquín (vía Spotify)

Chouteira | O ghai ghai

Sés | Admirando a condición

Pepe Vaamonde Grupo | Aires de Montillón

Emilio Rúa | Todo está por vir (vía Spotify)

Vaamonde, Lamas & Romero | Foliada de San Pedro de Visma

Leilía | Danza das Cortellas

Susana Seivane | Muiñeira de Alén (vía Spotify)

Os Carunchos | Galicia

Davide Salvado | Todo o corpo

Fía na Roca | Fía na roca

Saraibas | Ai, galeguiños! (Non dispoñible)

The Homens | Calamar

Desfrutádeos!


Galeoke Vol. II (por Leandro)

Hai pouco que coñecemos a noticia de que se está a preparar un novo volume do Galeoke, o xogo de karaoke en galego. Un Galeoke Vol. II que contará con temas d’Os Papaqueixos, Radio Océano, María Manuela, Quempallou, Faltriqueira… E namentres chega o nadal, co que chegará ás tendas, podemos desfrutar (a través do Facebook de Ábrete de orellas) da arte de Leandro para a súa portada.

Ooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooh!


SingStar…? Galeoke!

Que é o Galeoke? Pois o Galeoke é, como o seu propio nome indica, un xogo de karaoke. O obxectivo do xogo é acumular o maior número de puntos, puntos que obteremos se conseguimos cadrar a nosa voz co tono de voz da canción que esteamos a interpretar.  É dicir, trátase dun xogo na liña do coñecido Singstar™ para Playstation®, se ben o software utilizado neste proxecto está feito en Software Libre.

Pero o que de verdade chama a nosa atención sobre este proxecto é que tódalas cancións que inclúe non só pertencen a artistas galegos, senón que ademais están, todas, compostas en galego.

O primeiro volume do Galeoke saiu á venda o pasado 21 de decembro portando unha heteroxénea selección musical no seu interior. Aí vos van os 16 temas que o conforman:
  • Os Resentidos: “Galicia Caníbal”
  • Malvela: “O Pirimpimpín”
  • Narf e Manecas Costa: “Esta Noite”
  • Quant: “Pois eu” (Andrés do Barro)
  • Loretta Martin: “As cores do solpor”
  • Os Diplomáticos de Montealto: “Nordés” (con Mercedes Peón)

O Galeoke Vol. 1 vén, ademais, cun código que nos dará acceso á descarga dunha serie de temas extra. E tranquilos, porque se botades en falta algún tema, o Colectivo Galeoke promete unha segunda entrega e ata (se a cousa funciona) unha terceira. Cantamos?