Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo do autor

Súmate ao galego (V)


Súmate ao galego (IV)


Súmate ao galego (III)

Esta sopa de letras alimenta a todo o que entra na biblioteca. :)


O que todo galego debe saber do portugués. 9

E, por fin, o noveno capítulo: queredes saber como lles chaman aos días da semana en Portugal?


Súmate ao galego (II)

Prometímosvos ir ensinando os carteis a prol do galego que deseñaron os nosos artistas de 1º de ESO. Este témolo colgado na porta dun dos corredores de primaria.

Que animalada! ;P


O espazo… en galego

Hai unhas horas vén de completarse un dos fenómenos astronómicos máis peculiares: o tránsito de Venus. É dicir, o paso de Venus entre a Terra e o Sol de forma que se produce o ocultamento dunha pequena parte da superficie do astro rei. Xa que no noso país o fenómeno desenvolveuse case por completo durante a noite, moitos tivemos que recurrir a outros medios para poder seguilo (non se volverá repetir ata o ano 2117!). Unha posibilidade foi visitar a páxina da Astronomy Picture of the Day da NASA, a axencia espacial estadounidense, onde cada día nos traen unha imaxe diferente do noso universo, acompañada dunha breve explicación redactada por un astrónomo.

E que pasa se non entendemos nin papa de inglés? Pois non vos preocupedes, porque dende hai pouco máis de un ano existe unha versión en galego da APOD. Visitando astrogalicia.org/apod poderedes desfrutar, a diario, de marabillosas imaxes coma as que vos amosamos a continuación coa súa correspondente explicación na nosa lingua.


In English, please!

O noso idioma segue a romper barreiras. Vimos de coñecer unha interesantísima novidade no eido editorial: a publicación do primeiro gran dicionario bilingüe inglés-galego.

Publicado por 2.0 editora, o Diccionario moderno Inglés-Galego recolle nas súas máis de 20.000 entradas o vocabulario inglés de uso frecuente e as súas correspondencias para a nosa lingua.

A autoría corresponde a un equipo de especialistas en lexicografía da Universidade de Vigo, o equipo CLUVI, responsable á súa vez do Dicionario CLUVI Inglés-Galego, un recurso que está, dende hai tempo xa, dispoñible en liña para todos vós na dirección sli.uvigo.es/dicionario. Pinchade aquí ou na imaxe inferior e premede en Consultar dicionario, tecleade unha palabra en inglés ou en galego e farédesvos unha idea do que vos espera.

Very useful, don’t you think? – Moi útil, non credes? ;)


10.000 xavístedes!

Onte, o noso contador alcanzou a cifra de 10.000 visitas.

Ao mellor sonvos poucas, pero a nós parécennos unha barbaridade! E é que cando empezamos a nosa andaina na rede o 17 de xaneiro do ano pasado, non pensabamos ter chegado a tantos sitios nin coñecido a tanta xente.

Querémosvos dar as grazas a todos os que algunha vez vos pasástedes por aquí, fose para coñecer as novas do noso colexio, para repasar a actualidade da nosa lingua, para escoitar un pouco de música, para…

E lembrarvos que podedes interacturar con nós nas redes sociais. Os de Xavedes! estamos en Facebook,

en Twitter,

en Latri.ca

e en Cabozo.


Súmate ao galego

Sabedes que neste blogue nos encanta traervos calquer nova relacionada coa lingua galega, que nos encanta falarvos de música, de novas tecnoloxías, botar unhas risas… pero nada nos gusta máis que ensinarvos o froito do traballo dos nosos alumnos.

Xa é tradición que cada curso os rapaces e rapazas do 1º ciclo da ESO deseñen un lema co que promover o uso do galego entre a comunidade educativa do Colexio Lestonnac.  Ao igual que o ano pasado fora Énchete de galego, esta vez o elexido foi Súmate ao galego (Mario, arrasas).

Dado este primeiro paso, había que poñer rumbo á aula de Plástica (grazas de novo, Diego). Alí foi onde os rapaces de 1º de ESO elaboraron os carteis que dende a semana pasada animan aos que por aquí andamos (e a todo aquel que nos visita) a sumarnos, se non o temos feito xa, a esta lingua marabillosa.

E como queremos todo o mundo lembre que o galego só suma, nunca resta, iremos (ao igual que o fixemos o ano pasado) colgándovolos aquí tamén.


Todas as letras do Día das Letras Galegas

Rematando o mes de maio, todavía quedan por comentar algunhas novas ao redor do Día das Letras Galegas deste 2012, que como xa saberedes, supón a quincuaxésima edición desta festa da cultura galega. Pois ben, xa está dispoñible na páxina web da Real Academia Galega para a súa descarga gratuíta en formato .pdf o libro Todas as letras do Día das Letras, no que cincuenta académicos achegan (en menos de vinte liñas) a súa visión sobre cadanseu homenaxeado nestes cincuenta anos.

Castelao visto por Xosé Neira Vilas, Eduardo Pondal por Xosé Luís Méndez Ferrín, Álvaro Cunqueiro por Manuel Rivas

Así que se queredes coñecer máis sobre a historia das nosas letras, só tedes que pinchar aquí e descargalo.


Electrogalaico

Onte coñecíanse a listaxe de candidatos aos 4º Premios de la Música Independiente, e hai varios grupos galegos entre os nomeados. Algúns, coma os composteláns Disco Las Palmeras, que compiten na categoría de artista revelación, ou os vigueses Eladio y los seres queridos, que optan ao premio de mellor videoclip por retrataren Vigo dun xeito tan fermoso coma o fixeron na emotiva El tiempo futuro (de obrigado visionado), compoñen maioritariamente en lingua castelá. Outros, coma os tres finalistas galegos na categoría de mellor álbum de música de raíz (Uxía, polo seu Meu Canto, e Banda Crebinsky e Talabarte, por sendos álbums homónimos), fano en lingua galega.

Outro día falámosvos destes últimos, que hai moito que comentar tamén, pero hoxe querémonos deter na candidatura de Das Kapital (outro dos proxectos nos que anda metido O Leo) ao premio de mellor álbum de música electrónica, con todo o que iso significa á hora de romper barreiras para a música cantada no noso idioma.

O seu Ruído Negro, o EP polo que están nomeados, está dispoñible para a súa escoita en Jamendo (a plataforma de música gratis) ou en Komunikando.net, podendo ser descargado legalmente de balde en ámbolos dous sitios.

Probádeo, vaivos sorprender. Nós, como mostra, deixámosvos con Nos días do medo.


Ben por Mario e Ariana!

A noticia que vos traemos hoxe é das boas (pero das boas boas!). E é que dous alumnos do noso colexio veñen de ser premiados na 4ª edición do Concurso Novos Talentos. Premio Relato Curto (en galego), de Coca Cola, cuxa entrega de premios se celebrou o pasado venres no Auditorio de Galicia da cidade de Compostela.

Un segundo posto para Mario e un sexto para Ariana que nos fan moita ilusión… E a eles tamén, claro! (onte saían así de contentos no Diario de Ferrol).

Noraboa a Mario e Ariana (para que logo digan dos de Ferrol e o galego! ;) ) e, como non, tamén á gañadora, Carmen Novo González, do IES Vilar Ponte de Viveiro.


Hai 65 anos…

naceu en Vilalba Agustín Fernández Paz.


Proxecto Celso Emilio Ferreiro

Se seguides o noso blogue, saberedes de sobra que este 2012 estamos a celebrar o Ano Celso Emilio Ferreiro. Nun centro amigo como é o CEIP da Barqueira, en Cerdido, tamén o sabían, así que dende a biblioteca do colexio lanzaron o Proxecto Celso Emilio Ferreiro, un proxecto que, grazas á implicación de distintas materias (en Matemáticas, por exemplo, elaboraron liñas de tempo coas datas máis relevantes da vida de Celso Emilio) cristalizou nunha versión rap do poema do poeta celanovés Deitado frente ao mar gravada polo alumnado do 3º ciclo e que aquí podedes ver acompañada de ilustracións que elaboraron na materia de Plástica.

Non sei se superan aos Dios ke te crew, pero… lonxe non lle andan! ;)


Festival 2012!

Como todos saberedes, a semana pasada celebramos o noso Festival das Letras Galegas no Colexio Lestonnac. Agora xa tedes á vosa disposición na páxina web do cole unha fotogalería coas instantáneas dese día. Pinchade aquí ou na imaxe inferior se queredes velas.

Grazas a todos os que colaborástedes. Ás rapazas do equipo, que exerceron de presentadoras do acto,

aos pequechos do cole, que nos axudaron a coñecer mellor a figura de Valentín Paz Andrade,

aos rapaces e rapazas de 1º B da ESO (que actorazos!),

aos nosos músicos,

a Mucha e Nucha (que nivel! ;) ),

aos maiores do Centro de Día de Caranza, que interpretaron unha canción co Corecho (grazas tamén!),

colaboraron na entrega dos premios do certame literario

e nos trouxeron un precioso regalo,

e, como non, a Óscar. O seu monólogo foi… olímpico! :D


#PobosGalegosFamosos

Se vos pasástedes onte á noite por Twitter, poderíades comprobar a festa que había montada a conta do hashtag  #PobosGalegosFamosos. Que de que ía a cousa? Pois de xogar cos topónimos galegos de xeito que, ao engadirlles unha grande dose de humor, convertilos en calquera outra cousa: personaxes famosos, grupos musicais, cidades do resto do mundo… Aínda podedes entrar e rebuscar entre os centos de tweets publicados (#PobosGalegosFamosos chegou a ser Trending Topic a nivel estatal), De seguro que botades unhas risas (e é que os hai moi bos). Nós deixámosvos cunha rápida selección, para que o comprobedes.

… e Verín Osborne, San Andreas de Teixido, Checoslaracha, Greta Arbo, Edgar Allan Poio, Redondelaware, Iker Caselas, Arcade Fire, Michael J. Foz, Sober y Ganar… XD


O que todo galego debe saber do portugués. 8

Oitava entrega (xa queda pouco).


50 carteis

Outra interesantísima iniciativa que se levou a cabo co gallo do 50 aniversario do Día das Letras Galegas foi o caderno que o diario Faro de Vigo publicou o 17 de maio. Un caderno que fai un percorrido polas figuras homenaxeadas ao longo destes cincuenta anos a través dunha serie de 50 carteis realizados por cadanseu deseñador, carteis que van acompañados dun breve texto obra dun escritor galego da actualidade. A modo de exemplo, aquí tedes o correspondente ao homenaxeado deste ano.

Se pinchades aquí, podedes descargalo ao completo. Facédeo, que paga a pena botarlle un vistazo. [Ademais, dende esta nova da páxina web da Real Academia Galega, podedes descargalos individualmente]


50 anos

Por certo, que o pasado xoves celebramos un Día das Letras Galegas especial, posto que se tratou da quincuaxésima edición da festa das nosas letras. Un cincuenta aniversario que ten símbolo oficial de seu.

Un L de 50 (en números romanos), de letras, de lingua, de libros, rodeado dun corazón que semella latexar de afecto.

Bonito, verdade?


Cando ti volvas…

NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte;
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti chegues polo mare;
cando ti chegues polo mare…

Galiza, 1954

Valentín Paz-Andrade: “Pranto matricial” (1955)


Compromiso con Galicia

E como o Día das Letras Galegas está a punto de chegar, propoñémosvos coñecer un pouco mellor a figura do homenaxeado deste ano, Valentín Paz Andrade, a través do documental Compromiso con Galicia, realizado polo CPI dos Dices.


O incerto señor Cunqueiro

Onte á noite poidemos desfrutar en La 2 deste marabilloso documental sobre Álvaro Cunqueiro, así que hoxe imos aproveitar que se atopa dispoñible na rede para traérvolo ata o noso blogue.

Por se se vos pasou. ;)


Cita! | Antón Villar Ponte

“A nosa lingua é o camiño de ouro da nosa redención e do noso progreso: sen a lingua morreremos como pobo, e nada significaremos endexamais na cultura universal.”

Antón Villar Ponte


Os premiados da AELG

Seguimos indo de premios. Hoxe trátase dos Premios AELG 2012, que se veñen de fallar na Cea das Letras da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Xa vos informamos no seu momento dos candidatos. Agora traémosvos os premiados nas distintas categorías:

– NarrativaLaura no desertoAntón Riveiro CoelloGalaxia

EnsaioVivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme KruckenbergMercedes Queixas ZasGalaxia

Poesía: Leopardo sonPilar PallarésEspiral Maior

TeatroChegamos despois a unha terra grisRaúl DansXerais

Literatura Infanto-XuvenilFantasmas de luzAgustín Fernández PazXerais

– TraduciónSonetos de ShakespeareRamón Gutiérrez IzquierdoXerais

Mellor Blog LiterarioAs crebasMiro Villar

– Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2011Bieito Iglesias