Outras d10z! | Os Benignos
Moito metal na canción que engadimos hoxe á lista.
Pero non é metal deste 🤘🏻, senón deste 🎷🎺. O que tan ben acompaña o ska e mailo reggae que Os Benignos nos traen dende Cedeira. Aquí vos deixamos A revolta, o tema que abre a súa primeira maqueta.
A revolta
Os Benignos
Os Benignos (2018)
A Canción d10z! (Semifinais)

Xa queda pouco para coñecer cal é, para os maiores do noso cole, a canción d10z destes anos 10. Estamos en semifinais!
A rapazada vén de decidir que a 1ª semifinal enfronte o hip hop d’A Catapulta de Dios Ke Te Crew coa balada rock Corasón de carballo, dos Heredeiros da Crus.
A 2ª terá un carácter marcademente reivindicativo, urbano e xuvenil: os ponteareáns SonDaRúa co seu Liberando mentes ante os coruñeses Ezetaerre e o seu aviso de que Non é verán de Estrella Damm.
Manterémosvos informados. A gran final agarda!
Comentarios recentes