Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Hora de votar! (I Concurso de cómic en galego)

Xa lle botastes un ollo aos cómics finalistas? Pois se elexistes o voso favorito, podedes emitir o voso voto a continuación. Só tedes que seleccionar o traballo elexido e despois premer Vote. Só estará permitido un voto por cada ordenador, tableta ou móbil conexión.

E se o que queredes é ver cómo van as votacións, abonda con pulsar en View Results. Agora tocaría dicir “que gañe o mellor”… pero é que son todos xeniais!

7 Respostas

  1. Ramon

    moi mal esta paxina de votos, non nos colleu nin un.

    28/04/2015 ás 21:05

    • Vaia, sentímolo moito. Pedímosvos disculpas. Estamos empregando a plataforma de votación que WordPress pon á nosa disposición (esperamos que os problemas non sexan xeralizados).

      28/04/2015 ás 23:11

      • Anónimo

        ¿No sois conscientes que los dos primeros están haciendo trampas? En fin, estáis muy verdes en nuevas tecnologías y ponéis a competir a los niños. Más enseñar a cooperar y menos competir que después ocurren estos espectaculos bochornosos. Estáis humillando y desalentando a los que no hacen trampas ni tienen falsos méritos. Retrato de país.

        03/05/2015 ás 23:16

      • Somos perfectamente conscientes das dificultades que implica organizar un concurso con este sistema de votación. Mesmo de que hai formas de saltar as restriccións existentes á hora de emitir máis de un voto (e tal vez por iso optamos por bloquear non só por cookie, senón tamén por dirección IP a pesar de que WordPress advirte de que iso pode causarlles problemas a algúns usuarios), pero sempre confiamos na honestidade dos participantes. Tamén somos conscientes de que a difusión dos traballos por parte das familias nas redes sociais pode inclinar a balanza de xeito decisivo a favor dun traballo ou doutro. Os resultados da votación nunca poden ser interpretados como unha diferencia de calidade entre os distintos traballos: os finalistas seleccionados de entre os 68 cómics presentados son todos gañadores.

        Non plantexamos en ningún momento esta votación como unha competición, senón como un modo de ensinar o traballo dos nosos alumnos, de sacalo fóra da aula. Tamén como unha posibilidade de darlle voz á comunidade educativa, de que as familias teñan a posibilidade de axudarnos a decidir o gañador dun dos nosos certames. A elevada participación fainos pensar que ambos obxectivos se cumpliron.

        Grazas pola vosa comprensión.

        04/05/2015 ás 01:35

  2. Sinceramente, os 10 finalistas son os mellores entre os 68 traballos presentados e que previamente foron preseleccionados. A nosa intención non foi crear malestar entre os votantes. A plataforma é o que nos ofrece. Non deamos importancia ao que non o ten. Os protagonistas son os rapaces, nunca nós. Grazas e disculpade

    04/05/2015 ás 00:57

  3. Anonimo

    Ni estudié en el lestonnac, ni soy padre, ni soy familiar… de hecho fui a universidad, instituto y colegio público 100% (bueno familiar sí de un niño pero ya tiene 15 años) en mi correo respondería a cualquier pregunta respecto a esa tecnología precaria de votación que solo sirve para hacer encuestas tipo “cuál es tu color favorito”. Yo he sido niño también (obviamente) y ser niño en el 2015 es mucho más competitivo y decepcionante. Y no, no me fío en la honestidad de los votantes sobre todo cuando cualquier padre con mucho tiempo puede apagar el router, encenderlo y con ip dinámica emitir otro voto diferente, o acceder a través de proxies y emitir un voto cada dos minutos… No intento trolear pero los últimos en el ranking no se merecen esto. Mi opinión es declararlo nulo, porque si hay un primero que hace trampas, hay un último que puede creer que el suyo nunca tuvo oportunidad. ¿Y una votación secreta entre los mismos alumnos escribiendo en un papel cuál les pareció mejor? Una persona, un voto. Por lo menos sé que si fuese huérfano o tuviese poca familia ya no soy un buen dibujante ni guionista de comics según esa encuesta. Bueno lo siento, a veces me inspiro demasiado en el modelo finlandés de educación, en donde esto ni siquiera sería un juego. Sé que lo hacéis con la mejor intención, mi crítica pretende ser constructiva aunque pueda no parecerlo.

    04/05/2015 ás 07:41

    • Agradecemos de novo o teu comentario e tomamos nota de todas as túas suxerencias, pero temos que insistir en dúas cuestións que consideramos básicas: eramos conscientes das dificultades que nos podiamos atopar ao empregar esta tecnoloxía de votación (entre elas as que arriba comentas) e nin podemos nin debemos dubidar da honestidade dos participantes na mesma.

      De tódolos xeitos, non queremos que este fío de comentarios se convirta nun fío de desagradables acusacións que conduzan a aínda máis desagradables discusións que non benefician a ninguén, e é por iso polo que vimos de tomar a decisión de non publicar ningún outro comentario que suxira que algunha persoa puido poñer en práctica calquer tipo de estratexia destinada a favorecer a un dos participantes. Este fío queda pechado para calquer cousa que non sexa felicitar aos dez finalistas: eles son o verdadeiramente importante. Non nos resulta agradable tomar esta decisión, pero cremos que é o mellor para todos. De tódolos xeitos, procuraremos contestar persoalmente todas esas aportacións coa maior brevidade posible.

      Grazas polos vosos comentarios. Desculpas polos nosos erros. Parabéns de novo aos finalistas.

      04/05/2015 ás 13:32

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s