II Concurso de Poemas Ilustrados
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac convoca a 2ª edición do Concurso de Poemas Ilustrados que esta vez estará dedicado á lírica medieval galego-portuguesa. Deste xeito, o noso alumnado achegarase a través da expresión plástica á etapa literaria que marcou o comezo da nosa literatura. Podedes consultar as bases na seguinte ligazón.
Deixar unha resposta