O espazo… en galego
Hai unhas horas vén de completarse un dos fenómenos astronómicos máis peculiares: o tránsito de Venus. É dicir, o paso de Venus entre a Terra e o Sol de forma que se produce o ocultamento dunha pequena parte da superficie do astro rei. Xa que no noso país o fenómeno desenvolveuse case por completo durante a noite, moitos tivemos que recurrir a outros medios para poder seguilo (non se volverá repetir ata o ano 2117!). Unha posibilidade foi visitar a páxina da Astronomy Picture of the Day da NASA, a axencia espacial estadounidense, onde cada día nos traen unha imaxe diferente do noso universo, acompañada dunha breve explicación redactada por un astrónomo.
E que pasa se non entendemos nin papa de inglés? Pois non vos preocupedes, porque dende hai pouco máis de un ano existe unha versión en galego da APOD. Visitando astrogalicia.org/apod poderedes desfrutar, a diario, de marabillosas imaxes coma as que vos amosamos a continuación coa súa correspondente explicación na nosa lingua.
Pois que non vos estrañe que teñades tantas visitas. Artigos coma este demostran o atentos que estades á normalización en todos os ámbitos. Eis a razón do voso éxito. Parabéns.
06/06/2012 ás 12:02
E comentarios coma este son os que nos dan os azos necesarios! (e máis vindo de alguén cuxo blogue é toda unha referencia para nós) Moitísimas (pero moitísimas!) grazas!
06/06/2012 ás 19:04
Hoxe, botándolle unha ollado ao blogue, vexo un disparo nas visitas. Bah, normal, houbo un fenómeno astronómico especial, polo que entra dentro da normalidade.
Pero, alí, nun recunchiño, unha presiña de visitas que veñen deste blogue, para alegrarnos o día aos que mantemos este proxecto creo que, tamén, de normalización.
Así que graciñas pola referencia e polo artigo de hoxe. ;-)
E parabéns pola vosa páxina.
APOD en galego (www.apodgalego.com)
06/06/2012 ás 22:22
:) A verdade é que xa levabamos un tempo agardando por un día especial para poder falarlle á xente do voso traballo.
Parabéns (e grazas) a vós, pola estupenda labor que realizades.
07/06/2012 ás 00:45