Proxecto Celso Emilio Ferreiro
Se seguides o noso blogue, saberedes de sobra que este 2012 estamos a celebrar o Ano Celso Emilio Ferreiro. Nun centro amigo como é o CEIP da Barqueira, en Cerdido, tamén o sabían, así que dende a biblioteca do colexio lanzaron o Proxecto Celso Emilio Ferreiro, un proxecto que, grazas á implicación de distintas materias (en Matemáticas, por exemplo, elaboraron liñas de tempo coas datas máis relevantes da vida de Celso Emilio) cristalizou nunha versión rap do poema do poeta celanovés Deitado frente ao mar gravada polo alumnado do 3º ciclo e que aquí podedes ver acompañada de ilustracións que elaboraron na materia de Plástica.
Non sei se superan aos Dios ke te crew, pero… lonxe non lle andan! ;)
Esta entrada foi publicada o 28/05/2012 por Lestonnácticas. Foi arquivada en Música e foi etiquetada con ceip da barqueira, celso emilio ferreiro, deitado frente ao mar..., proxecto celso emilio ferreiro.
Cópiovolo.
28/05/2012 ás 19:34
Os alumnos e alumnas, tamén as/os profes, agradecemos que vírades e comentárades o noso vídeo e o noso proxecto. Moitas grazas.
28/05/2012 ás 21:41
Non se merecen! Gran traballo!
Saúdos dun ex-alumno ;)
28/05/2012 ás 22:55
moi ben feito
30/05/2012 ás 16:55