Contos de Castelao
O vindeiro mércores 2 de maio, ás 20:30 horas, temos unha cita no Auditorio do Concello de Narón co alumnado 4º curso da Escola Municipal de Formación de Actrices e Actores.
O motivo: a presentación de Contos de Castelao, unha selección de relatos do autor rianxeiro. Dirixida por Flor Maceiras e coas voces de Suso Barro, Paula Morado, Patricia Doce, Cristina Moreira, Iván González e Iria Ameneiros.
A entrada é libre, así que non tedes excusa.
Esta entrada foi publicada o 30/04/2012 por Lestonnácticas. Foi arquivada en Axenda e foi etiquetada con auditorio do concello de narón, castelao, constos de castelao, crsitina moreira, escola de teatro de narón, flor maceiras, iria ameneiros, iván gonzález, patricia doce, paula morado, suso barro.
Deixar unha resposta