Palabra! | verme
verme s.m. 1. Animal de corpo brando e alongado, formado por aneis e sen patas, que anda arrastrándose. Algúns vermes coma as miñocas úsanse para pescar. SIN. bechoco, coco2, ronco. 2. Calquera animal que teña o corpo da mesma forma, especialmente as eirugas dos insectos. A mazá tiña un verme. s Verme da seda. Nome da larva dun insecto que produce unha substancia coa que, unha vez tratada, se fai un fío e un tecido moi fino.
Deixar unha resposta