Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo para 15/03/2012

Pode ser da NASA ou doutra galaxia

Máis música!

Unha daquelas do Xabarín: Víctor Coyote nunha historia digna de Iker Jiménez.

Pode ser…
Víctor Coyote
A cantar con Xabarín Vol. III e IV (1996)

Eu vou polo monte, miro alí arriba,
vexo a miña tía, vouna a chamar
Unha luz moi forte chega enriba dela,
parece que a leva polo aire a voar.
E na man a corda e á corda atada
a vaca “Rosada” arriba que vai

E soben ó ovni as dúas compañeiras,
a familia enteira vai chorar, ai, ai.
Pode ser que sexan “alienígenas”
e fora que fora as foran a levar

Pode ser que si, pode ser que non,
pode ser que sexa, pode ser ou non.
Pode ser da nasa ou doutra galaxia,
pode ser causa das gafas que eu non mire ben

No lugar dos feitos, perto dunhas matas,
sinto unhas vibratas, elas van voltar.
Dalí a uns días, a tía na casa
falaba coa vaca de física nuclear
Pode ser que sexan “alienígenas”
e fora que fora as foran a levar

Pode ser que si, pode ser que non,
pode ser que sexa, pode ser ou non.
Pode ser da nasa ou doutra galaxia,
pode ser causa das gafas que eu non mire ben

Cando se mirara aquilo!
unha tía e unha vaca
a muller fritía patacas
e o animal a falar:
xa dixeron eles
que todo está na mente,
fai o favor, concéntrate.
Moooi ben!

Pode ser que si, pode ser que non,
pode ser que sexa, pode ser ou non.
Pode ser da nasa ou doutra galaxia,
pode ser causa das gafas que eu non mire ben

Pode ser que si, pode ser que non,
pode ser que sexa, pode ser ou non.
Pode ser da nasa ou doutra galaxia,
pode ser causa das gafas que eu non oia ben