Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo para 14/03/2012

O espazo de Nadadora

Hoxe, algo de música.

Nadadora é unha banda de pop orixinaria do Grove,

e se ben adoitan compoñer os seus temas en español, hai oco nos seus discos para algún corte en galego, como é o caso desta delicia titulada O noso espazo.

O noso espazo
Nadadora
Todo el frío del mundo (2005)

No noso espazo,
ese que se volve infinito
cada vez que o conquistamos,
onde nada nos fai dano,
ese é o noso espazo,
o que nós deseñamos.

De satélites,
estrelas e planetas,
que tan só nós gobernamos,
onde tanto nos gusta refuxiarnos
entre discos e libros
que no chan amoreamos.

Mentras agardamos
que nada poda estropealo,
nin sequera a distancia
que tanto nos separa.

Advertisements