Premios Mestre Mateo 2011… votades vós tamén?
A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer hoxe as candidaturas aos galardóns cos que premia aos profesionais do sector audiovisual galego: os Premios Mestre Mateo.
A serie Matalobos é nesta ocasión a que conta cun maior número de candidaturas, 15 en total, aínda que a longametraxe Doentes non se queda atrás, posto que acumula 13 nominacións.
Engurras, con 8 candidaturas, e a longametraxe documental Tralas luces e a película para televisión Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego, con 6, tamén destacan entre as finalistas.
Se pinchades aquí poderedes consultar a lista con tódolos candidatos aos Premios Mestre Mateo 2011. E ocórresenos que por que non nos dades a vosa opinión nalgunha das 27 categorías existentes?
Por exemplo, os candidatos na categoría de Programa de televisión son o programa divulgativo Cos pés na terra, o espazo viaxeiro Galegos no mundo (nominado por segundo ano consecutivo), o programa de investigación e actualidade Reporteiros e espazo cultural Zigzag diario.
Na categoría de Serie de televisión os finalistas son a serie Angélica y Roberta, feita para internet, o humor de Era visto! e dúas que repiten con respecto ao ano pasado: Matalobos e Padre Casares.
E, por último, os candidatos a mellor comunicador de TV son Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán por Un soño de nadal,
Marta Doviro por A mochila do viaxeiro,
e outro que repite: Roberto Vilar por Land Rober.
Comentarios recentes