Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Toca mollarse! (chegou o dioivo)

dioivo s.m. Chuvia moi abundante e corrente que orixina. Non podes saír con este dioivo. CF. diluvio.

Hoxe é 29 de febreiro (ollo, que isto non pasa tódolos anos, eh? ;) ), e a pesar de que os ceos están despexados, chegou o dioivo. Hoxe dámoslle a benvida a un novo medio de… un momento, queredes que volo conten eles mesmos? Ao longo dos últimos meses foron deixando na rede unha serie de vídeos humorísticos (aquí e aquí, e o último embaixo) nos que deixaban pistas sobre o que estaba a piques de acontecer.

Efectivamente, Dioivo (dioivo.eu) é un novo medio de comunicación dixital en galego (tan dixital que no seu primeiro número impreso xa se despiden ;) ) que nace da unión dun grupo de xornalistas afectados polo peche dos medios nos que traballaban e que deciden constituírse como asociación cultural para crear unha nova canle a través da cal ofrecer a súa visión do que nos rodea .

Contar e contrariar, esa é a consigna baixo o que hoxe Dioivo botou a andar.

Toca mollarse!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s