Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo para 24/02/2012

Lectura e agasallos no Día de Rosalía

Como xa puidéstedes comprobar, hoxe conmemórase o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, e a Asociación de Escritores en Lingua Galega quere que o celebremos como se merece. Para iso, propónnos dúas cousiñas ben interensantes.

Por un lado, anímanos en que aproveitemos este día para agasallar aos que temos cerca cun libro en galego e máis cunha flor, nunha sorte de Sant Jordi galego. Por outro, organizan lecturas públicas da obra de Rosalía nas principais vilas e cidades de toda Galicia, d’A Coruña a Vigo pasando por Monforte, A Estrada e, por suposto, Ferrol, onde temos unha cita ás sete da tarde na Galería Sargadelos.

Animádevos! Aínda estades a tempo!


Rosalía de Castro

Rosalía de Castro é TT en Twitter!


Hai 175 anos…

naceu en Santiago de Compostela Rosalía de Castro.