GalApps: a lingua galega metida nun móbil
Tiñamos pendente (ás veces imos adiando algo e…) algo importante: falarvos de GalApps.
De que se trata? Pois dun conxunto de aplicacións relacionadas coa lingua galega creadas polos enxeñeiros informáticos Xurxo Méndez e Juan Porta e pola deseñadora gráfica Sabela Barreiro. Son o conxugador de verbos en galego Conxugalego,
Dende o 15 de decembro pasado, data que se lanzou a última dela, podíamolas atopar todas dispoñibles para para aqueles dispositivos móbiles movidos polo sistema operativo Android. A partir de hoxe (por iso non podiamos atrasalo máis) tamén as podedes atopar, dispoñibles para iPhone e iPad, na App Store de Apple.
Eu vounas descargar agora mesmiño!
Esta entrada foi publicada o 14/02/2012 por Lestonnácticas. Foi arquivada en 0101100000100001 e foi etiquetada con android, app store, apple, conxugalego, diccionariogalego, galapps, ipad, iphone, juan porta, sabela barreiro, tradutorgalego, xurxo méndez.
Deixar unha resposta