Charles Dickens celebrado en galego
Como se encarga de lembrarnos hoxe o buscador Google cun marabilloso doodle,
este 7 de febreiro cúmprense 200 anos do nacemento en Portsmouth (Reino Unido) do célebre novelista Charles Dickens. Nós aproveitamos para recomendarvos a lectura de dúas das súas máis famosas obras, dispoñibles en sendas traducións ao galego.
A primeira, publicada pola Editorial Galaxia en 2006, é a historia do orfo Oliver Twist.
A segunda, de máis recente publicación (se ben xa fora traducida por Xerais en 1986), é Canto de Nadal, outra obra mestra do escritor inglés (quen non coñece ao avaro Scrooge?). Chega a nós nunha marabillosa edición de Kalandraka
con ilustracións de Roberto Innocenti.
Que mellor forma de render tributo a un autor universal?
Deixar unha resposta