Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo para 07/02/2012

Charles Dickens celebrado en galego

Como se encarga de lembrarnos hoxe o buscador Google cun marabilloso doodle,

este 7 de febreiro cúmprense 200 anos do nacemento en Portsmouth (Reino Unido) do célebre novelista Charles Dickens. Nós aproveitamos para recomendarvos a lectura de dúas das súas máis famosas obras, dispoñibles en sendas traducións ao galego.

A primeira, publicada pola Editorial Galaxia en 2006, é a historia do orfo Oliver Twist.

A segunda, de máis recente publicación (se ben xa fora traducida por Xerais en 1986), é Canto de Nadal, outra obra mestra do escritor inglés (quen non coñece ao avaro Scrooge?). Chega a nós nunha marabillosa edición de Kalandraka

con ilustracións de Roberto Innocenti.

Que mellor forma de render tributo a un autor universal?