200 anos e 1 día de xornalismo en galego
Onte celebramos unha efeméride ben curiosa da que soubemos por este artigo de Praza Pública: cumpríronse 200 anos dende a publicación do primeiro texto de carácter xornalístico escrito na nosa lingua.
Se ben xa se publicara anteriormente en prensa algún texto en galego de carácter lírico, este é o primeiro que, digamos, responde aos cánones xornalísticos. Trátase dunha sorte de carta ao director enviada por Ramón González Senra (crese que se trata dun seudónimo) á Gazeta Marcial y Política de Santiago e que se publicou o 5 de febreiro de 1812.
A continuación reproducimos este extenso artigo, datado en Combarro, e que defende o dereito dos cidadáns a elixir democraticamente os xuíces.
CARTA RECOMENDADA
Señor Emprantador da Gazeta de Santiago: Eu quixera espricarlle ben craramente canto se folga ó meu corazon co á millor das novidades que teño visto na miña acordanza: falo da orde que veu para que as aldeas escollan Jueces á seu gusto, é para botar por terra todas esas gavelas con que nos esmagaban desde hay tanto tempo un fato de señores que eran mais ríspitos para nos, que os mesmos reis. Eu non sei falar con retrónicas, porque non andiben na escola dos jasuitas, que, si non son novas de camiño, din que foron moy guapos para os rapaces, que tiraban deles grandes poetas; é sobre todo, que na quel tempo andaba ó mundo moy acougado; ben que si nosos páis foron tan bos, non sei eu como non saliron os fillos mais arrellados: ó que me fai pensar, que sempre oubo traballos no mundo, é tamen bestas no tempo dos jasuitas. Mais, sexa como for, ó que eu quero, é darlle á vm. as albrizas do ben que nos fan as Cortes, tirándonos de un cautiverio, que pouco lle marra para ser ó do anamigo malo; é para esto, é decerlle catro cousas que sente ó meu corazon, direillas de calquera xeito, mais que digan que somos gallegos é no nos entendemos.
¡Que no dixera, señor Emprantador, que despois de tantos tempos que os señores nos trataban coma animalias, despois que xa non habia sorte de librarnos de esta captividá, despois que ó labrador estaba tan avasallado que siquera se lembraba que era home é fillo de Dios como os demais, quen dixera que habia de virnos pola porta tanto ben! ¡Que no dixera que á nosoutros nos habia de chegar tamen á vez de ser señores, non para avasallar á ninguen é botar prantas á custa dos probes, senon para gobernar as nosas casas é as nosas facendas co á mesma libertade é co mesmo dereito que os Señores gobernan as suas; de maneira que da qui en diante xa non se diga que hay dous Dioses, un para os probes é outro para os ricos! ¡Que certo he que Dios he pai é que non se olvida dos seus! deixounos xemer moito tempo debaixo do xugo de tantos Faraos como hay nesta terra, sin dubida polos nosos pecados; pero xa se compadeceu de nos, xa permeteu que as Cortes nos librasen da afrentosa escravitud que solo poden sofrir as bestas. Agora xa non virán catro benandantes é sacamantas, que polo regular foron criados é lacayos dos Señores, á esfolarnos co título de jueces: agora xa non virán esas aves de rapiña á rouvarnos á amba las maos para desquitarse dos miles que lles roubaron á eles ós sacapotras dos Señores de vasallos, seus compinches é testaferreos, cando lles venderon as varas ou á justicia, que ó mesmo é vender ó empreo de jues ¡Santo Dios en que inferno estivemos metidos! ¡Señores de vasallos que non solo teñen obrigazon de portarse coma cristianos, senon de ser mesmo santos, venden e deixan vender os empreos de justicia, os empreos de mais dignidad é vertú que hay na repubrica, pois que un mero jues de un á aldea ten mais dignidade no seu oficio, que un adeministrador aunque sea jeneral de todas as rendas de Galicia; é nunha palabra, teñen cara á vender un dos atributos de Dios! é non solo vendelo, senon do modo que ó venden, pois eu sei de un suxeto que se desfixo de uns bés para pagar unha vara que tiña axustada, é nesto veu outro que dou mais, é aquel quedou sin vara é sin bes, botando maldizos á quen tal lle causaba. Non: agora serán jueces nosos os homes honrados é conterraneos, os nosos amigos, que nosoutros conocemos é apreciamos polas suas boas prendas; agora non andará á justicia po los pés, porque á poremos nas maos dos homes de ben que á reverenceen coma cousa sagrada. É sobre todo, agora xa un home pode decer con unha honrada fachenda, que non leva dous as costas, porque xa non manda sobre nos senon ó rey ou á mesma ley que nosoutros mesmos fixemos por medio dos Diputados que nomeamos para as Cortes, á que ten que gardar ó rey, porque asi queremos é lle mandamos; de sorte que non se lle da ó goberno do reyno senon polo proveito de todos, é non polo seu solo. É este mando do rey, é ó que manda Dios, porque está uñido co noso mesmo ben; mais non esoutro señorío contrafeito, esoutro señorío co qual se levantaron moitos no tempo dos burros é nos tempos cativos, non para en pago dél coidar do noso aumento é felicidade do modo que fan os reis, que por fin se nos botan trabucos, tamen manteñen as escolas, as audenceas, os soldados, os navios, os hospitás é outras cousas; senon para comer regaladamente ó que nosoutros ganamos co as sures da cara, para vivir coma judios sin acordarse de Dios nin do proxemo. Este Señorío é ó que se acabou para sempre. Malas novas foran dél xa hay moitos sigalos. Ó que for señor da qui en diante, serao das suas boas obras, das rendas que dereitamente lle pertenezan, é das honras que ó rey lle der po los seus servicios á patria; mais no no será da sangre alléa, dos bés dos orfos, nin do folgo das viudas. Quen quixer cebada é palla de moca para os seus cabalos de recreo, pagaraia, é senon que pete á outra porta; quen quixer que ó sirvan, non busque vasallos, que xa se acabou á vasallaxe; quen quixer montes é coutos para diversiós de caza, que vaya divertirse ó mar que é ben ancho é pode facer alí unha gran cazata, é con ela moito ben ó reyno; pois é unha vergonza que no nos aproveitemos de tanto peixe como nos trai ó mar as nosas portas: os montes xa mandaron as Cortes que se cerren é que se aproveiten; quen quixer vender é comercear con varas é escribanías, que faga anque sea frábecas de alfenetes, que á fé á fé que nos levan bastante diñeiro por esta morriñada para fora do reyno. Agora comenza outro mundo: á tartaraña que andaba encima de nos, é nos rapaba todo, xa nos vemos libres de la, gracias á Dios é ó desconxuro que lle fixeron as Cortes.
Eu ben sei que moitos pertenden facer mofa de nos, parecendolles que esto é un entremes ou cousa de antroido, é nos chaman agora reis por bulrra, querendonos poñer á cana nas maos como lle fixeron os judios á Cristo. Coidan que somos tan zimpres como fumos desgraciados; pero ainda dubido que eles entendan millor que nos que cousa é soberanía nacional, pois penso de min que non hay labrador que non sepa que á España non é do rey, senon dos españoles: que por esto mesmo ó rey non ven á ser mais que un veciño da nacion, á quen todos los demais lle damos é encomendamos ó goberno da España, á maneira de un apoderado que vai á Cruña á defender un preito por unha jurisdizon ou freguesia que leva ó poder de todos, para facer ó que mais conveña ó ben dos donos do preyto. É velaqui como se entende que cousa é soberanía nacional. Os españoles son donos de todo, ó rey he un gobernador jeneral que ten en si todos los honores é autoridades dos jenerales, oidores, adeministradores, é todos los demais que están debaixo da sua parlamenta, de sorte que se fora posible que ó rey estibera en todas partes á un tempo, el mesmo seria jeneral, oidor, é adeministrador de Galicia, é mesmo jues de esta jurisdizon, é sendo ó rey jues dela, non por eso seria dono do tarréo nin dos homes, senon adeministrador da justicia é despoñedor do millor órden pubrico. Senon era dono, sendo jues, tampouco ó é porque sea rey. Solasmentes se deferencea un rey de un apoderado en que ó rey ten un poder general é perpetuo para todo; é para que lle obedezan é todos cumpran ó que manda, se lle dan moitos honores é libertade para castigar. Esto calquera ó entende, polo menos dos labradores; ben que dos señores sabidos non he ouro todo o que reloce. ¡Cantos hay que saben moito latin e nin siquera saben cantos portos ten á Galicia, nin para que serven. Pero ¿quen son os que pertenden facer mofa dos labradores polo ben que lles fixeron as Cortes? eses caras lavadas dos magnates de Galicia que consentiron hasta agora que os probes gallegos, os seus vasallos, mortos de fame, fosen forzosamente á tomar os mais miserables oficios as Castillas é á Portugal, volvendo dalá cheos de alcumes pola sua probeza éumildá: os mesmos que teñen á culpa de que nos botasen aquela copra de:
Camino en que quepan dos,
Verdad, limpieza y justicia,
No la hallareis en Galicia,
Aunque la pidais por Dios.¿Porque non hay justicia nesta terra? porque os Señores de vasallos son os que poñian jueces caseque en todas partes. ¿Porque non hay limpeza? porque hay moita probeza. ¿É quen á causa?… ¡Galopis! que están metendo no cú os extrangeiros canto saca da terra con moito traballo ó probe do labrador, mercandolles chuchumecadas é endromenas para borrear con elas, que hay algun que ten unha ducia de mostras, que sabe Dios ó que lle custaron; hasta os abaniqueiros das señoras han de vir da fora; é despois non hay diñeiro para á guerra ¡nacidas! ¿Estes vergalleiros non podian facer cada un seu barco para que os gallegos que iban as Castillas é outras partes á perder ó tempo, fosen as Indias á buscar tanta riqueza como hay alá, asi como fan as demais nacios? que oin eu decer en Cais unha vez que un reyno que lle chaman Bolanda, que non é mais grande nin millor que Galicia, fixera mais de dous mil navios en poucos anos, é andaba levando é traendo dun lado para ó outro como os maragatos, é ganaban millós como terra. Pero deles non hai que agardar cousa boa senon mofas é gatuperios que fan da probeza é da mesma sua patria, que non chegára os traballos que chegou se houvera habido outro goberno, non solo cós probes sanos que handan polas portas, se non tamen cós ricos é Señores burros, lacazás, que non fan bo uso das suas rendas; pois correr tras de uns é non facer caso dos outros, é ó mesmo que tornar os paxaros de un tarreo para que non coman ó grao, é deixar ó mesmo tempo portelos abertos para que ó coman os porcos. Nosoutros tornaremos ó noso conto sin darsenos nada por facer mofa de ninguen, anque non poido virnos millor ocasion de facela de quen se bulrraba de nos; tan solo lles faremos unha manda para Matres da antroido, pois anque non somos vasallos da qui en diante, ó cabo fomolo hasta agora, é ben avasallados; asi é xusto que mostremos ó noso agradecemento, facendolle un enterro solenio ó señorío de vasallos, escollendo Martes da antroido, que non se pode buscar millor dia para cantarlle á requeneterna.
Senor Emprantador, nosoutros xa lle temos un jues moi guapo. Para buscalo non fixemos mais que botar ó ollo ó veciño da jurisdizon que nos pareceu mais honrado, mais home de ben, mais cristiano, é que millor coidaba da sua familia é da sua casa, sin ser empexoso, nin empeitizo, nin sobervio, nin cobizoso, nin zizañeiro; sin facer caso de moitos que andaban zoandonos as orellas para que nomeasemos á este é aquel outro, conforme fan para eleccion de Diputados; pois non miramos senon ó noso proveito. Xa debia estar tamen elexido escribano de númaro, pero ainda no no está. Anda un gato negro no medio. Ó escribano vello é rico é ten moitos compadres; uns din que non se manda senon nomear jueces, outros que asi ó declarou ó Acuerdo. Pero ó certo é que as Cortes que mandan sobre todos, botaron por terra todo ó Señorío, é tan postos están polo Señorío os escribanos, como os jueces; por consiguente se hay facultade para nomear uns, tamen á hay para os outros. Ó certo é, que se mandaron cesar todos cantos empreados prubicos habia postos polos Señores. É por esto mesmo en moitas partes xa nomearon escribanos é todo. Aqui se Dios quer, tampouco hemos de quedar atras, que non han de valer embrollas nin enguerelladas.
Non lle podo decer mais porque me saltaron na horta os carneiros do escribano, que ten un fato deles que parece o exercito de Masena, é voume á botalos fora nunha carreira. Combarro 2 de Febreiro de 1812. = B. L. M. de vm. S. S. S. = Ramon Gonzalez Senra.
Deixar unha resposta