Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo para 06/02/2012

200 anos e 1 día de xornalismo en galego

Onte celebramos unha efeméride ben curiosa da que soubemos por este artigo de Praza Pública: cumpríronse 200 anos dende a publicación do primeiro texto de carácter xornalístico escrito na nosa lingua.

Se ben xa se publicara anteriormente en prensa algún texto en galego de carácter lírico, este é o primeiro que, digamos, responde aos cánones xornalísticos. Trátase dunha sorte de carta ao director enviada por Ramón González Senra (crese que se trata dun seudónimo) á Gazeta Marcial y Política de Santiago e que se publicou o 5 de febreiro de 1812.

A continuación reproducimos este extenso artigo, datado en Combarro, e que defende o dereito dos cidadáns a elixir democraticamente os xuíces.

CARTA RECOMENDADA

Señor Emprantador da Gazeta de Santiago: Eu quixera espricarlle ben craramente canto se folga ó meu corazon co á millor das novidades que teño visto na miña acordanza: falo da orde que veu para que as aldeas escollan Jueces á seu gusto, é para botar por terra todas esas gavelas con que nos esmagaban desde hay tanto tempo un fato de señores que eran mais ríspitos para nos, que os mesmos reis. Eu non sei falar con retrónicas, porque non andiben na escola dos jasuitas, que, si non son novas de camiño, din que foron moy guapos para os rapaces, que tiraban deles grandes poetas; é sobre todo, que na quel tempo andaba ó mundo moy acougado; ben que si nosos páis foron tan bos, non sei eu como non saliron os fillos mais arrellados: ó que me fai pensar, que sempre oubo traballos no mundo, é tamen bestas no tempo dos jasuitas. Mais, sexa como for, ó que eu quero, é darlle á vm. as albrizas do ben que nos fan as Cortes, tirándonos de un cautiverio, que pouco lle marra para ser ó do anamigo malo; é para esto, é decerlle catro cousas que sente ó meu corazon, direillas de calquera xeito, mais que digan que somos gallegos é no nos entendemos.

(máis…)