Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

6.830 € en vitaminas

Vitaminas para o galego. Ese é o nome dunha iniciativa na que dez medios de comunicación en lingua galega (Galicia Confidencial, Tempos Novos, Praza Pública, Novas da Galiza, Radiofusión, Valminor.info, quepasanacosta, Certo.gl. O Sil e Crónica3) veñen de pedir a nosa axuda para a realización dunha campaña de apoio a este tipo de medios.

O idioma galego necesita vitaminas. A lingua galega precisa de axudas. Entre os apoios fundamentais figuran os medios de comunicación que empregan, prestixian e difunden o xeito de falar dos habitantes do NO da Península Ibérica. A pluralidade de linguas é unha riqueza cultural que a humanidade debe protexer e cultivar. Para espallar esta idea xorde o proxecto “Vitaminas para o galego”, impulsado polos medios en galego e que se centrará en eventos a desenvolver en distintas vilas galegas e nun festival que se celebrará en Santiago de Compostela na primavera do 2012.

Onte pechouse a primeira fase deste proxecto, no que preto de 200 mecenas (recompensados con agasallos que ían dende calendarios de peto para aqueles que aportasen 10 € ata 5 quilos de percebes e un concerto a domicilio de O Leo i Arremecághona! para a primeira persoa que doase 1.000 €) fixeron a súa contribución. Fixárase un obxectivo de 3.300 € e recadaron… 6.830!

E despois do éxito desta primeira fase… a pola segunda!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s