Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo para 10/01/2012

Aurelia e Serxio

Hoxe vimos de coñecer as nominacións aos Premios Goya 2012, así que é un bo momento para botarlle un vistazo a dúas curtas documentais cunha pequena presenza da lingua galega que estiveron preseleccionadas para estes premios.

A primeira, Aurelia, cóntanos a historia de María Aurelia García Vázquez, unha veciña de Ferreira do Valadouro que nos anos 70 estivo traballando na casa de Ringo Starr, o batería de The Beatles.

Na outra, Percebeiros, Serxio Ces, membro de Os Cempés, fálanos do seu traballo diario, o de percebeiro na costa cedeiresa.

Dúas marabillosas historias; mágoa que, posto que se nota que ambos ser atopan máis cómodos falando en galego, non estean contadas por completo na nosa lingua.

Que, gustáronvos?